Tras os problemas co servidor de bitacoras.com e cos problemas dos feed, decido mudarme de servidor e de CMS. Grazas a zetxek decidínme polo WordPress e vou probar a ver que tal funciona a blogaliza.
Múdome (por cuarta vez en 3 anos) á blogaliza e agardo que sexa a derradeira. A nova URL é http://estrelanegra.blogaliza.org
Moitas grazas por seguir este blog e agardovos no novo enderezo, actualizade a nova URL e os feeds!
Onte celebrouse o BlogDay e como eu non puiden vouno celebrar hoxe, xa que máis vale tarde que nunca. O Día dos Blogs celebrase un 31 de agosto de cada ano porque o 31/08 é moi similar á palabra blog. 3108 BLOG.
Básicamente consiste en presentar 5 weblogs, se son noutro idioma ou doutra cultura mellor e non esquecer poñer unha ligazón á web do evento www.blogday.org e ao tag en Technorati technorati.com/tag/blogday2006.
Sen máis aquí vos deixo os 5 blogs:
La Catapulta é un foro sobre relixión, política e España levado por un ultradereitista. No foro, que debeu de empezar hai pouco, só participa case que unha persoa, un tal hispanicus. Atopeino de casualidade, nun comentario dunha ligazón da nova de chuza sobre o novo nome da mocidade do PP.
Como sempre me divirto lendo neste tipo de foros, participo cando podo. Deixei algún comentario sobre o ateísmo, sobre o que é España, sobre o nome das cidades, sobre o Islam, e algún mensaxiño máis por ahí. Aínda que debatir nestes sitios cansa e agota moítisimo e non espero estar máis de dous días atento a este foro, os debates xa deron cousas interesantes e perlas. O debate interesante é o do ateísmo onde se debate sobre a existencia de Deus. Eu opino que non é demostrable que Deus exista e polo tanto non existe, e el opina que si existe, básicamente porque a materia non surxiu da nada e sen Deus non se pode explicar a vida. Xa diredes quen gaña.
O mellor do foro, son as perlas que deixa o tal hispanicus.
Dios no existe. El ateísmo es irracional desde el momento que niega la existencia de Dios. El problema es que el ateo nunca puede estar seguro de tal cosa por más dogmáticamente que lo afirme, porque la única persona que puede hacer este tipo de afirmación sería Dios mismo. En otras palabras, el ateo tendría que transformarse en Dios para poder decir enfáticamente que no hay Dios. Alguien sólo puede decir que Dios no existe, si pudiera estar en todos lados al mismo tiempo, en todo el pasado, presente y futuro, y descubrir que no encontró ningún Dios. Esto significa que la persona tendría que ser omnipresente, omnisciente y omnipotente. En síntesis, tendría que ser Dios.Sobre as Illas Baleares e o catalán...
Las Islas Baleares son y serán siempre las Islas Baleares, y no Illes Balears, que puede que sea así en Mallorquín (que no es Catalán, como los catalanes pretenden), pero no en español, el idioma de España.Sobre Sir Paco Vázquez e Lacoru:
Francisco Vázquez, uno de los mejores socialistas que tiene el psoe, dijo que La Coruña siempre se ha llamado La Coruña, incluso por los gallegos de toda la vida, así que no vengan los del BNG, ahora a seguir los pasos del PNV y ERC.Máis sobre Lacoru...
Veo que el que no sabe nada de La Coruña eres tu, siempre se ha llamado La Coruña incluso por los gallego parlantes, lo de A Coruña es una chorrada reciente impuesta por el BNG y sectores afines igual que hicieron cambiando Lérida por LLeida.O mellor de todo!:
El balear no es lo mismo que el catalan, lo siento por tus linguistas, el catalan es mas, roba y ha robado terminos y expresiones al balear en un intento de extender su dominio, pero el catalan es un dialecto del occitano y es distinto al balear que no lo es. Los independentistas balearicos te lo podran decir, que no solo hay independentismo en Cataluña. Lo mismo para el "valenciá".Escachei coa risa con esta última perla :).
Primeira parte:
Segunda parte:
Frets On Fire é un xogo semellante a ese estilo de xogo, que está a ter furor, coma o stepmanía pero desta vez en vez de bailar hai que tocar a guitarra. Para os que sempre quixeron tocar unha guitarra e nunca se atreveron este xogo é ideal, simula os acordes cos
F1, F2, F3, F4 e F5 e o punteo co Enter ou o Shift dereito, ademáis é multiplataforma (Windows e Linux) polo que non hai excusa.
O divertido do xogo é que hai que coller o teclado como se fose unha guitarra pero xa hai quen modificou unha guitarra de xoguete e transformouna nunha guitarra USB.
O xogo orixinal só conta con 3 cancións con 3 niveis de dificuldade, easy, hard e amazing pero conta cun doado editor de cancións co que podes atopar en internet varias cancións de grupos coñecidos coma Metallica, Guns'n'Roses, etc.
O xogo é moi coñecido aínda que acaba de saír vai pouco, xa existe unha comunidade española do Frets on Fire onde podes descargar cancións, hai tutoriais, torneos, etc. Eu estou viciado, de feito descarguei do eMule moitos cursos de guitarra para poder tocar unha guitarra de verdade.
Deixovos cun vídeo de PaToRoCo xogando a isto que atopei no YouTube:
Ademáis, é software libre :P.