Hoxe fixen o meu derradeiro exame do trimestre. Foi un exame de matemáticas do que mellor non falar... Tan só me queda, se non suspendo este exame (toquemos madeira), o exame de recuperación do segundo trimestre de física.
Despois disto... FESTA!? Pois non, a foderse e a estudar outra vez para selectividade. Teoricamente din que é doada, que se aprobas bacharelato aprobas sen dificultade a selectividade... pero... xogaste o teu futuro en dous días. Que pasa se estas enfermo ou se tes un mal dia? Pois nada, fodeste e ao carallo.
Bueno... despois da selectividade teño pensado ir á Universidade de Compostela a estudar Enxeñeria de Sistemas Informáticos ou algo asi.
Desexademe sorte para o exame de física :P.
Olá, meu. Parece ser que coincidimos na selectividade. Estivem a mirar as escolas e parece que iremos juntinhos! xDDDD
Bom, pois nada, só era isso.
Chau!
Pois si, suponho que si. Suponho que nos tocará a todos em Ponte-Vedra, nom?
Pois nada, que reprovei matemática e nom nos vemos...