Ás 12:00 da mañá (vaia horas...) disputouse o o derbi pontevedrés: Pontevedra - Celta. O resultado foi dun 3 a 1 a prol do Pontevedra. Eu, coma todos os domingos, fun a Pasarón a animar ao meu equipo. Para este partido estaba máis motivado, xa que xogabamos contra o Celta, e ademáis do Ponte son do Depor.
Apesar da hora e da choiva, Pasarón tivo o record de entrada do que vai de tempada, eramos 12.000 persoas aproximadamente, uns 2.000 eran siareiros do Celta. O partido foi declarado de alto risco (curioso que no Celta-Pontevedra non o foi) e había moita policia e antidisturbios. Incidentes practicamente non os houbo, a parte dos insultos tan só uns seguidores do Celta acenderon tres vengalas e lanzaron unha ao terreo de xogo (o que a lanzou foi detido, por parvo). Ao final do partido, a policia obrigou a esperar (curioso que en Balaidos tamén tiveron que esperar os do Pontevedra) uns 10 minutos aos siareiros de fondo norte (siareiros do Pontevedra) a que os seguidores do Celta collesen os buses. De non ser por iso, seguramente habería liorta.
Como anécdota, Furya Granate (coido que foron eles) colgou unha faixa en contra de cheirulosas que puña ENCE FORA. Os directivos do Pontevedra mandaron aos recolle-pelotas que se apoiasen enriba da palabra FORA, e nos resumos da televisión apreciase unha pancarta onde pón ENCE. Vemos como o clube segue sen permitir a liberdade de expresión...
O partido foi bonito, non dos máis bonitos, pero foi bonito. Foi no que mellor o pasei, animando, berrando, insultando, etc... notábase que estaba motivado :P. O arbitro, coma sempre, non sabía arbitrar... mira que lle custou sacar amarelas ao Celta... pero bueno, ao final gañamos, cun home de menos por culpa do arbitro e dun gracioso (agora dise grazoso?) cun silbato que confundiu a Rubén Reyes á hora de sacar unha falta...
Os puntos son valiosos para a permanencia, pero temos que seguir gañando, ainda estamos a 5 puntos.

AUPA PONTEVEDRIÑA!