Estiven máis dunha semana sen tocar o ordenador a causa da selectividade. Estiven estudando "duramente" na biblioteca todo o que "aprendín" en 9 meses, só en dúas semanas.
Eu sempe estou moi tranquilo en este tipo de cousas, ía mentalizado que vou a suspender, pero sempre tes uns poucos nervos. Pero a pesar de todo a cousa non foi para tanto. Pensas que vai ser todo moi dificil e que vas estar moi agobiado pero a verdade é que os exames son doados e non te agobias nada, incluso chégache a gustar todo iso.
O primeiro dia tiven 4 exames, o de lingua castelá, lingua galega, inglés e filosofía. O primeiro exame (de lingua castelá) sirve de toma de contacto, explícanche todo e xa sabes como van ser os demáis exames. Ao segundo exame (de lingua galega) vas máis tranquilo, na opción que fixen tocoume comentar un poema sobre a guerra de Manuel María. Despois destes dous exames finaliza a sesión pola mañá e é hora de comer. Eu e máis os meus amigos fumos xantar unhas hamburguesas ao Pazo da Cultura de Pontevedra que ficaba preto da Facultade de Ciencias Sociais (onde fixen o selectivo). Despois de xantar era hora de repasar filosofía, bueno, en verdade era hora de estudar filosofía xa que non me acordaba de nada. Pola tarde o primeiro exame que tiven foi o de inglés, teoricamente o que mellor levaba e o máis facil de todos, e así foi. Tocoume un texto sobre Bob Marley que seica vano resoterrar en Etiopía. O derradeiro exame de ese día foi o exame de filosofía. A idea era estudar a Platón, Aristóteles e a Francis Bacon xa que facendo cálculos un dos tres ia caer seguro, pero á hora de estudalos como Aristóteles era algo dificil, só estudei a Bacon e a Platón, e a Aristóteles deixeino de lado. Pero resulta que non caeron nin Bacon nin Platón e si caeu Aristótles asique eu non tiña nin idea, menos mal que unha amiga díxome cinco minutos antes que ía caer Descartes e eu lino asi por riba e no exame conteille catro cousas sobre el.
No segundo día empezan os examenes máis difíciles, matemáticas e física. Eu de matemáticas non tiña nin idea, ía mentalizado con que ou copiaba (pódese copiar e usar chuletas sen dificultade) ou ía sacar un 0. Pero sorprendentemente para min o exame de matemáticas saiume moi ben, moito mellor do que eu esperaba. Para o exame de física eu cria que me sabia todas as fórmulas pero á hora de face-lo exame quedeime en branco e medio inventei as fórmulas e aínda por riba estaba só, con ninguén ao redor, asique non puiden copiar.
O derradeiro día só tiven un exame, o de química. Xa estas farto de tantos exames e tamén estas ledo porque é o derradeiro exame. Eu de química non estudara nada, só o derradeiro día e máis que estudar o que fixen foi facer chuletas (as miñas primeiras chuletas). De todas formas as chuletas non me serviron para nada xa que o exame saiume de pena, non creo que chegue ao 1.
Despois da selectividade ven o mellor, celebrar o remate da selectividade e as vacacións. As notas dánas o 28 en internet e o 29 na prensa. Eu espero aprobar (un 4 xa é aprobado) pero non as teño todas conmigo.
Eu quero facer Enxeñería Técnica de Sistemas Informáticos na Universidade de Compostela pero a media que preciso é un 7 e coido que non me vai chegar. Hai informática en outras universidades con menos nota, como por exemplo n'A Coruña, pero eu quero ir a Compostela, máis que nada porque recomendáronme ir ali e a maioria dos meus amigos van ali, asique supoño que farei Adminstración de Empresas, Filoloxía Galega ou Ciencias Políticas que non piden nota.