Do 2 ao 9 de xullo fun á 3º edición da NX Conecta (antes chamada Netgame Caixanova). Este ano realizouse na C.U.VI. no pabellón de deportes. 8 días con conexión a internet e lan, con sitio de acampada, concerto gratuito (DJ Neil, David Gausa, Mario Collazo e Jesús del Campo) e con comida (almorzo, xantar e cea) só por 45€. Sae máis barato estar alí que en casa.
Chegamos ata alí, despois de perdernos unha vez (a CUVI está no quinto carallo...), cara as 12 e despois de 3 horas na cola conseguimos entrar!! O primeiro que fixemos foi conectar todos os ordenadores e comprobar que non ia nada mal, e deseguido fumos a comer ate o comedor de teleco. Á volta eu púxenme a instalar un disco ríxido novo de 120Gbs e despois a conectarme á rede. Unha que tiña conexión púxenme a descargar cousas da rede local :P.
Os dias pasarón axiña, xantando e ceando en teleco (á hora do almorzo estaba a durmir), descargando e xogando e durmindo na tenda de campaña ou nunha colchoneta a carón do ordenador. Practicamente todos os días foron así agás o 5º día que tiven que ir ao dentista por mor dunha dor de moas.
Gravei máis de 40 dvds e teño os díscos ríxidos cheos (120 gbs). Coido que en total baixei unhas 300 gbs máis ou menos entre series, películas, xogos, programas, música, etc.. A verdade é que aínda non sei moi ben o que baixei e como non fixen unha lista có que gravei en cada dvd non sei o que teño...
A comida era boa, aínda que un pouco repititiva. Eran dous pratos máis un postre e podías elixir pero sempre había as mesmas cousas pra elixir. E o pan sempre era do día atnerior xDD.
O derradeiro día foi o dia do concerto. Un concerto que, segundo a organización, vendéronse 1000 entradas e alí só estabamos 50 persoas. Foi un concerto de Djs, con gogos, performances etc... eu só coñecia a DJ Neil pero seica o Jesús del Campo tamén é moi coñecido. Amin non é que me guste moito este tipo de música pero teño que dicir que o concerto estivo moi ben e disfrutei moitisimo. Quedei cos ouvidos reventados xDD pero mereceu a pena.
Paseina moi ben nesta party, foi a mellor das 3 realizadas ate o momento e o ano que ven voltarei a repetir.

Eu tamém estivem, ainda que só tres horas. E pra iso andivem mirando como saltabam nas maquininhas aquelas. Iso sí eu fum á primeira netgame e contaronme cousas da segunda e esta semelhaba moi bem organizada.
Ainda así, a milhor pra mim com diferenza e a xgn.
Aconselhocha.
Esta foi a melhor das 3 netgames. Os meus amigos forom á xgn... eu nom puidem ir por andar borrando as cookies uns segundos antes da inscripçom e ao final tardei 1:30 ou algo assim e estivem fora de tempo xDD