Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Illa de Ons

Arquivado en Xeral • Data: 21-07-2005 14:17:46

A semana pasada fun ate A Illa de Ons con uns amigos a pasar 4 días de acampada. Unha pena que só acompañou o tempo o primeiro dia, pero aínda así non nos importou moito.

Visitar non visitamos moitos "monumentos", fumos de camiñata ate as covas onde aínda quedaba chapapote e ate a Punta Centulo, onde estaba prohibido ir xa que as gaivotas estan en época de apareamento e criando ás crias. Case nos atacan, de feito eu tiven que tirarme ao chan nunha ocasión pra que non me atacara.

Iamos ir ao faro, ao buraco do inferno, etc. pero ter que subir todos os días dende a praia ate a zona de acampada cansa moito e ao final decidimos non ir.

O mellor de todo é pasar a noite na praia cos colegas, escoitando música e mirando para un ceo despexado e sen contaminación lumínica. Unha mágoa que só o puideramos facer o primeiro día, porque os demáis días estaba o ceo cuberto pola néboa. Intentamos ver os fogos artificiais de Bueu, Marín, Sanxenxo ou Portonovo dende a praia pero coa néboa só puidemos escoitalos. Aínda así houbo outras cousas mellores que facer pola noite, hehe, e o colofón foi o sábado que é cando abre a "discoteca"... aínda que mellor diso non falar... hehehe...

A ver se podo repetir para agosto :)

Escrito por IaRRoVaWo
(0) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009