Vexo nunha nova de Código Cero que agora os extraterrestres poden ler os nosos blogs.
Os extraterrestres tamén gustan das bitácoras de InternetQuen sabe? Dentro de pouco igual atopamos blogs escritos por alienixenas, ou quizais o galego que hai na lúa poderáse enterar de como vai a vindeira campaña electoral.
O envío de mensaxes ó espazo exterior é algo que se vén facendo dende hai anos, tanto con emisións de texto, radio ou vídeo, nun intento de contactar con civilizacións lonxanas, algo que a empresa norteamericana MindComet quere adaptar á Internet actual, polo que inicia un novo servizo de balde dende a web de BloginSpace.com que permite enviar as bitácoras persoais ó espazo a través de transmisións por satélite.
Deste xeito, os sinais que se remitirían fora do planeta sería moi distintas ás actuais, xa que incluirían a información persoal que os usuarios publicasen nos seus weblogs, o que xa atraeu a preto dun milleiro de bitácoras de 53 países distintos, que queren comprobar se os extraterrestres gustan da lectura dos seus blogs.
Se che interesa, podes poñe-las fechas en Galego dende o panel de control ( xunto ó formato de fechas ), xa que é o único que non tes traducido ;)
Saúdos
Graciñas
O mellor é a parte que di: "Bloggers who use this site are urged to keep their blogs devoid of any language, comments or content that might offend, taunt or provoke alien life forms in any way. Let's not start an intergalactic war :)"
Eu por si acaso xa o mandei :p