Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Game Over

Arquivado en Xeral • Data: 10-08-2005 02:02:30

Por Código Cero entérome desta nova e quedo flipado.

Falece un surcoreano tras máis de dous días xogando no computador
Hai quen prognostica o futuro tecnolóxico que nos espera botándolle unha ollada á situación actual de Corea do Sur, un dos países máis avanzados do mundo en informática e arredores. Así e todo, o ideal sería que non se imitase en todo ós seu cidadáns, sobre todo se temos en conta o que lle ocorreu a un home de apelido Lee, de 28 anos, que morreu dun fallo cardíaco logo de estar durante 50 horas xogando co computador practicamente sen parada. O lugar onde bateu tan lamentable record foi un cibercafé da cidade de Taegu, e o xogo elixido un simulador bélico.

Segundo informa Reuters, Lee posiblemente falecera debido ó esgotamento por estar demasiado tempo perante o computador, unha afección, a dos videoxogos, que incluso fixo que se deixara o seu traballo para dedicarse a aquela máis plenamente

Seica non lle quedaban créditos.

Porque ten que haber de todo nesta vida senon non o entenderia. Eu teño amigos que se pasan horas e horas diante do ordenador, pero de ahi a estar 50 horas seguidas... e logo morrer... hai un cacho.

Escrito por IaRRoVaWo
(0) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009