Estou enfermiño. Dende que estou en Compostela coido que só houbo un fin de semana que non tiven algún tipo de enfermidade. O que teño agora creo que é a gripe mal curada da semana pasada, teño dor de gorxa (ao tragar), o nariz taponada e un pouco de febre.
Agora mesmo estou tumbado no sofa vendo a tele e co meu novo portátil enriba das pernas. Teño que gardar repousa porque maña quero estar perfecto.
Hoxe, en teoría, ia facer paintball pero ao estar enfermo non vou poder ir. De todas formas como chove supoño que os meus amigos tampouco irán. Ademáis en total eramos uns 6 (3vs3) que é o mínimo para estas cousas... e sen min non creo que poidan ir. A ver se outro fin de semana fai bo tempo e eu estou perfecto.
Vou seguir en repouso e tomar as menciñas para poder estar perfecto, polo menos esta ponte.
Como que enferminho? Em compostela sai-se igual, já curará o LK!