Hai unhas semanas pillaba unha conexión wi-fi de balde dende o meu piso en Compostela. Pois hai dúas semanas que non a pillo. Vou botar a choar :'(.
Dixeronme que a antena estaba no edificio de enfrente, xustiño enfrente, e eu pensaba que a ía pillar sempre, pero non é asi. Pero dende hai dúas ou tres semanas non a pillo, non sei se é polo tempo (os ventos...) ou porque acurtaron o alcance das ondas... pero é que no piso do lado si que a pillan. E a pillan ben, porque dende as habitacións xa a pillan e eu tiña que estar no galpón.
Vou procurar no google algún metodo para poder pillala, se cadra se fago unha antena con un bote de pringles ou así... pero a miña antena wifi é interna, asique non sei se poderei facelo.
O que eu queria era deixar o portatil todos os dias pola noite a descargar... pero vese que xa non podo... :''(.