Como saberedes se seguides as novas deteron a uns cantos independentistas da AMI e fixeron redada nun centro social. Non vou entrar en se a detención está xustificada ou non, ou se os independentistas cometeron delitos ou non...
Eu agora vivo durante a semana en Compostela. Ao enterarme da nova pensei que aqui ía haber algunha concentración da AMI e Ceivar e un milleiro de cartaces e pintadas por toda Compostela pedindo a liberazón dos detidos. Pero non foi así, atopeime cunha cousa moi curiosa que me chamou a atención... dende o primeiro día vin polo campus sur cartaces de anarquistas apoiando e pedindo a liberazón dos detidos independentistas, e ningún da AMI, Ceivar, Agir, etc... Isto está moi ben, alegrome de que os anarquistas apoien aos independentistas, pero resultame moi curioso, pra min que son medio anarquista e medio independentista, hehe.
Se miras nos foros de internet verás que os anarquistas sempre poñen a caldo aos chamados anarco-independentistas e non queren saber nada de agrupacións político-independentistas. Por iso me extrañou moito ver aos anarquistas apoiando aos independentistas, pero vexo ben que polo menos en Compostela lévanse ben os anarcas e os indepes...
Pois ao final si, din unha volta polo campus e vin pintadas de Ceivar, AMI e Agir e coido que vin un cartaz de Nós-UP pero non estou moi seguro.