Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

E agora pasa un tren

Arquivado en Libros • Data: 22-11-2005 17:53:39

E agora pasa un tren é un libro de Lito Caramés con ilustracións de Baranga. O libro é de relatos curtos acontecidos no tren "Estrella Galicia" que a tantos galegos leva ate Barcelona. Foi apresentado no mesmo tren hai unhas semanas e os viaxantes foron obsequiados cun exemplar especial.

Levo unha semana buscando este libro por Compostela nunha morea de librarías e ningunha o ten... Alguén sabe dalgunha libraría en Compostela, Pontevedra ou Marín onde se poida mercar este libro?

Escrito por IaRRoVaWo
(3) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


Edita "BiblosClube" e pode mercarse pola rede, pero penso que hai que facerse socio. Hai librerías que teñen os libros de Biblos (na Coruña, "Lume", por exemplo), así que non desespere...

E se está moi moi moi interesado, podo facerlle a xestión.


Comentario de Martin Pawley o o 12/03 ás 03:33

Ao final pedíno por e-mail sen ter que facerme socio. Debería chegarme o Mércores pasado pero non chegou... supoño que por iso da ponte. Entón a ver se me chega a semana que vén.


Comentario de IaRRoVaWo o o 12/09 ás 14:43

Eu lin ese libro e está moi ben... son relatos curtos que evocan sensacións que emerxen no tren... Son historias que suxiren os viaxes largos, conversas curiosas, etnias que se mezclan, recordos que saen a flote. Recoméndocho. A mín regaláronmo de sorpresa e quedei alucinada co autor, gustoume moito a forma q ten de contar as cousas. Ti xa o conseguiches? ;)


Comentario de personilla o o 04/10 ás 14:34

Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009