Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Fonte de alimentación

Arquivado en Ordenadores • Data: 09-12-2005 15:10:11

Case me da vergoña dicilo pero na miña defensa teño que dicir que pensaba que non pasaba a corrente.

Resulta que o meu ordenador daba uns pitidos raros e non se acendía, faltáballe a gravadora de DVD (que é o lector principal) pero os pitidos non deberían ser por iso. Asique empecei a ver que podía ser, coloquei de novo a gravadora pero nada. Por suposto todo isto sen corrente, para traballar dentro do ordenador cos cables sempre hai que desconectar a corrente. O bo que ten/tiña a miña fonte de alimentación é que ten un boton que permite pechar ou abrir a corrente sen necesidade de quitar o cable do enchufe.

Como non sabaía que podería ser, os cables non eran porque estaban coma antes e a temperatura tampouco porque levaba máis dunha semana sen acender, pensei que poderia ser da fonte alimentación e reparei nela. Como pensaba que botonciño da corrente estaba pechado empecei a fuchicar en todo o que tiña a fonte, e mira ti que curioso que tiña unha palanquiña para pasar de 230 voltios (europa) a 115 voltios (estados unidos) e como eu non tiña outra cousa que facer... daca! chispazo impresionante, e ala vai ao carallo a fonte de alimentación (e espero que fora o único).

Agora tiven que comprar outra, que aínda non tiven tempo para colocala (agora estou dende o portátil), pero esta xa non ten esa palanquiña... non vaia se-lo demo. O gracioso é que en PC Coste unha fonte de alimentación de 300 watios e cun ventilador normaliño (fai máis ruido) custa 20 euros, e unha fonte de 400 watios cun ventilador xigante (case non fai ruido) custa 15 euros.

A ver se non fodo outra vez o ordenador cando coloque a fonte...

Escrito por IaRRoVaWo
(3) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


manda carallo.. e ti vas pra enxenheiro??? dereitinho a microsoft ah?

na tua defensa dicir que un dia pasoume algo similar :) pero nada tan caralludo :)

pd: meu irman ten que cambiar tamen de fonte.. xa che contarei.

pd: para cando unha party?


Comentario de misha o o 12/13 ás 04:28

hehe...

para microsfot nin tolo...

Para o da party... este finde creo que vou ter que facer uns traballiños e estudiar... pero estan ahi as vacacions de nadal.... :).


Comentario de IaRRoVaWo o o 12/14 ás 13:06

ok. tomo nota.. a ver cando teño libre eu e xa lle digo ao meu irman.
isto.. xa sei como montar unha antena no portatil!!! vades flipar.

por certo.. meu irman comprou unha antena que e unha pasada!!!!...


Comentario de misha o o 12/14 ás 19:40

Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009