Entre os meus colegas fixemos o típico xogo do amigo invisible. Puxemos a regra de que os agasallos tiñan que ser manuais, é dicir, témo-los que facer nos, aínda que tamén valen mercalos.
O problema teñoo eu. Xa son malo facendo manualidades, pero aínda o son máis pensando en que poder facer. Mercar vou mercar algo, pero hai que facer algo manual e non sei que facer.
Ocorreronseme dúas ideas pero non as podo facer porque unha é casi imposibel de facer (depende da natureza) e a outra teño que usar barro e non teño un forno apto para iso.
O tempo venseme enriba e non sei que regalar... alguén que saiba de manualidades ou destas cousas... algo que poida facer eu e que triunfe?
triunfou