
Hai xente moi friki, moi friki que non sabe o que facer. Dende Psicoticos atopo que hai xente moi aburrida que fixo StarWars en ASCII.
Tedes que teclar telnet 193.202.115.241 dende o cmd de Windows ou en calquera consola de comandos de Linux. Non sei como o fixeron nin de onde sacaron a paciencia pero é impresionante!
Non o vin enteiro, nin tampouco sei se é toda a película (supoño que a 4º, é dicir, a primeira en sair) ou só un cachiño. Pero a cousa é que esta moi ben feito, con animacións, dialogos (escritos), etc... Só lle falta o son.
Se sodes uns fans de Star Wars non podedes perdervos isto.