O pasado mércores día 21 na madrugada pasou un fenómeno paranormal inexplicabél nos móbiles de dous amigos meus e no meu.
A iso da unha e pico da madrugada o móbil dun amigo meu (F.) chamou só (F. non se decatou ata o día seguinte) a un número co +34 diante, ese número non recibiu a chamada e probablemte a última chamada que fixera F. fora a ese número. Nesa mesma madrugada, as 4, o meu móbil envioulle só (mentras eu estaba a durmir) un sms ao móbil da miña moza, o texto do sms era unha nota que tiña gardada no móbil. A miña moza contestoume e o meu móbil volveulle a enviar só (eu seguía durmido) o mesmo sms de antes, o da nota. O último sms que enviara fora ao móbil da miña moza. Ese mesmo día, ás 8 da maña, o móbil doutro amigo meu (H.) enviou só (a esa hora H. debería estar esperto) un sms en branco a toda a súa lista de contactos. El di que non se decatou e que moito menos o fixo a drede.
Tanto F. como H. e máis eu vivimos durante a semana en Compostela (ese día estabamos en Compostela). F., H., e eu somos movistar. Probabelmente esteamos no radio de acción da mesma antena pero hai máis movistar dentro do radio aos que non lles pasou nada. F., H. e máis eu somos amigos, os tres de Marín.
Coincidencias? Non sei... pero a cousa é moi, pero que moi estraña. Non lle atopo ningunha explicación e por máis que o penso cada vez doume de conta de que é moi estraño.
Haberá que chamar a Mulder e a Scally...