Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Galiza - Uruguai

Arquivado en Fútbol • Data: 29-12-2005 01:45:15

Xa quedan menos de 24 horas para un partido de fútbol histórico. Xa queda pouco para o Galiza - Uruguai, o primeiro partido da Galiza dende a II República Española.

Xa teño a entrda! No fondo norte. Ten que ser unha festa rachada ese partido. Esperemos que haxa moitos goles, que haxa espectáculo e que gañe Galiza. Eu, polo menos, vou animar á miña selección.

Non van xogadores bos coma Nacho Novo ou Couñago, e Fran é dúbida, pero van outros, entre eles dous mundialistas, Míchel Salgado e Cabanas.

Quero mencionar a este último, Cabanas. Cabanas xoga en Suíza e é mundialista con Suíza. Rexeitou xogar con España por xogar con Suíza e non ten ningún inconveniente en vir xogar con Galiza. Nunha entrevista dixo que se sentía máis galego ca suízo e que el era o representante dos galegos emigrados, ademáis seica non sabe falar castelán e só fala francés e galego con acento suízo.

Animo á Seleccion Galego!
Adiante GALIZA!

Escrito por IaRRoVaWo
(0) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009