Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Eu estiven alí

Arquivado en Fútbol • Data: 31-12-2005 17:10:21



Nos acontecementos, sitios, situacións, etc. onde o pasamos ben ou moi ben soemos ter un moi bo recordo deles. Este foi o caso do primeiro partido da selección da Galiza no século XXI. Eu tiven a sorte de poder asistir ao partido e por iso o descrivo coma un fito histórico.

Poucas veces na Galiza mirei unha festa rachada entre tantos galegos. Aquelo foi espectacular. Cando cheguei a 15 minutos antes de comezar o partido o estadio xa estaba cheo, os siareiros xa estaban a animar. Repartían de balde, suplementos de Vieiros e de Xornal.com, bandeiriñas de Galiza e un libriño con 11 relatos de 11 escritores ilustres galegos (Rosalía, Castelao, Manuel María, etc..).

Eu ía ben equipado pra animar, coa miña camisola da slección de Projecto Global, a miña bufanda (mercada no estadio) tamén de Projecto Global, anudada ao pescozo a miña bandeira da patria e nas mans a miña bandeira galega coa vaca, e por suposto coa gorxa ben afinada pra animar.

Soa o himno do Uruguai que parecía unha canción dunha peli de vaqueiros, todos impacientes a que soe o noso himno. Soa o noso himno. Impresionante. Todo o estadio, milleiros de galegos, cantando á vez, con forza e con orgullo, o noso himno.

Comeza o partido e comeza a festa. Escoitase en todo o estadio: GA - LI - ZA!! O xogo do partido foi espectacular, dominou Galiza deixando varias xogadas preciosas. Pero o xogo nas bancadas ainda foi mellor.

Berros, cánticos, faixas, bandeiras, ondas... De todo se viu en San Lázaro.

GA - LI - ZA --- Fraga, cabrón, saúda á selección --- Unha Nación, Unha Selección --- Galiza Ceive, Poder Popular --- Caña, Caña, Caña, o vindeiro contra España --- Que bote, que bote, español o que non bote son só uns exemplos dos cánticos que se escoitaron no campo. As bancadas estaban repletas de bandeiras da patria, tamén había bandeiras coa vaca, coa serea, de Portugal, de Uruguai, algunhas de Euskadi e dos Països Catalans, da Galiza estatutaria, etc...

O que tamén emocionou foi ver coma todo o estadio cantaba as mesmas cancións: ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van.... ou eu traaaaiooooooo unhaa borracheiraaaaaaaaaa..., etc...

Nas bancadas, coma xa dixen, xenial. Eu estiven no fondo norte, preto dos de Galiza Nova que como adoitan facer nas manifestacións levaron instrumentos e a festa ainda foi máis festa.

Pero o mellor do partido foi cando todo o estadio, cando digo todo é todo (incluido o palco), fixo a onda. E non só unha onda, senón varias. Impresionante.



Escrito por IaRRoVaWo
(2) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


Estaba uns asentos enriba túa compañeiro..jajaja A verdade é que pasámolo de puta madre. O ano que ven alí estaremos. Saúdos.


Comentario de Anxo o o 01/01 ás 19:46

peperos maricons saludar a selecon
GALIZA CEIVE


Comentario de anxel o o 10/01 ás 20:51

Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009