Nunca fumei, nin por probar, e non teño pensado facelo, na miña casa nunca se fumou e na miña pandilla nadie fuma. Aínda así non teño moi claro se é boa a nova lei anti tabaco. Non defendo aos fumadores, nin moito menos, a min molestame o fume do tabaco coma aos demáis pero non acabo de ver moi útil esta lei.
O que chama máis a atención é o dos bares. A maioría dos bares pequenos van ser todos de fumadores, co cal estamos nas mesmas porque os fumadores van ir a eses bares e os non fumadores tamén van ir porque son os bares de toda a vida. Nos bares grandes teñen que facer obras para separar a zona dos fumadores da dos non fumadores, algo que vexo ben, o fume non me ten que molestar neses bares, pero que a lei podería deixar un ano de adaptación aos bares ou algo así. Outra cousa é a prohibición aos nenos pequenos a entrar nos bares para fumadores. Imos ver, se os bares son públicos, por qué esta prohibida a entrada a persoas libres? Que isto non se cumple, os nenos pequenos seguiran entrando cos seus pais, os pais non van deixar de ir aos bares de sempre acompañados dos seus fillos. E se os donos dos bares teñen fillos pequenos e non os poden deixar noutro lugar? E tamén... non fumar no traballo... o camareiro dun bar de fumadores pode fumar no traballo? E por qué non se esta a traballar nun bar para fumadores? Non fumar no traballo non o vexo tan claro, coido que deben ser as empresas, os sindicatos ou mesmo os traballadores os que decidan se nese traballo se pode fumar ou non, ou facer como se facía antes, unha sala para fumadores. Se só ti es non fumador vas denunciar a todos os teus compañeiros? Vas procurar ter problemas cos teus compañeiros? Claro que tampouco tes porque aturar o fume no teu lugar de traballo. E se un actor ten que facer a personaxe dun fumador? Estaría fumando no traballo, está prohibído o tabaco nas películas? Vaia tontería...
Eu coido que os fumadores deberían aprender a non molestar e non fumar ao lado da xente non fumadora, nin en establecementos públicos, só por respeto. Fumar mata pero cada un é libre de facer o que queira co seu corpo, por iso eu penso que non debería estar prohibido fumar pero tampouco quero cheirar o fume do tabaco, por iso penso que se todos os fumadores tivesen respeto polos non fumadores non faría falla esta lei.
A lei ten cousas boas e cousas malas pero hai medidas anti tabaco máis eficaces que acarrexan menos problemas. Por exemplo, subir o prezo do tabaco (aínda máis) e baixar por lei o nivel da nicotina, alquitrán, etc. a niveis moi, moi, moi pero que moi baixos, incluso chegar a non incluir no cigarrillo a nicotina (por exemplo). Desta forma o tabaco sería inútil, xa que non crearía adición e ademáis sería carísimo.
A lei non está mal pero está mal feita.
pois eu penso que a lei quedou corta.. demasaidos buracos... tinha que ser coma en irlanda carallo!!!... se queres furmar.. na tua casa ou en clubes so pra fumadores!!!
a min o que me mata.. son as colilllas na calle... e tanta rebiravolta pra cumplir a lei.. pq carallo nos.. en vez de irlanda (por exemplo) sempre temos que buscar a trampa a unha lei...que ademais e po-lo noso ben!!