Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Cámara no móbil

Arquivado en Fotografía • Data: 22-01-2006 18:44:55

Hai xente que non quere ter cámara no móbil, di que é unha tontería e un gasto inútil, pero eu non paro de usala. A cámara no móbil e unha excusa pra levar unha cámara de fotos a todas partes e a min, que me gusta moito a fotografía, éme moi útil.

Xa sei que a calidade non é moita, as fotos son unha merda comparadas coas dunha cámara mala pero aínda así se poden facer unhas fotos bonitas. De todas as que fixen estas son as que máis me gustan, imaxinadeas como serían se fosen sacadas cunha cámara boa :).

Estas fotos saqueinas o 24 de Xullo na praza do Obradoiro, vendo os fogos de artificios:
A catedral de Santiago de Compostela

A catedral iluminada polos fogos

Esta foi sacada o 25 de Xullo na praza da Quintana:
A bandeira da patria

Estas foron sacadas en casa dun amigo, cun solpor impresionante, estas son as que máis me gustan:
Impresionante

Fermoso

Escrito por IaRRoVaWo
(2) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


Oes, pois nom estam nada mal...

Eu que só tiro fotos das práticas de laboratorio... :S


Comentario de Tawil o o 01/22 ás 19:04

Haha, eu tamén, teño algunha das practicas, no meu caso da aula de informática, pero tamén lle podo sacar algunha ao osciloscopio :), hehe


Comentario de IaRRoVaWo o o 01/22 ás 19:26

Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009