Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

De exames

Arquivado en Estudos • Data: 28-01-2006 04:17:03

Xa comezou o duro, agora toca estudar. Este luns xa teño o primeiro exame. O meu sistema de estudo non é bo, é dos malos, estudo cando tempo, pola noite, coa axuda do Red Bull (ou Burn..). Xa sei que asi non debería ser, pero que lle imos facer, son un desastre!!

O primeiro exame é o de Análise Matemática e Métodos Numéricos. Unha asignatura non moi dfícil pero que hai que levala. É anual asique o exame e parcial. Vai de límites, continuidades, funcións etc. e nas prácticas programamos (co matlab) os algoritmos que vemos na teoría. Gústame un pouco pero non teño claro se aprobarei xa que, aínda que sexa a asignatura que máis vou preparar (por ser a primeira), o exame ten pinta de ser moi difícil. A ver que tal se me da.

O segundo exame é o venres de Fundamentos Físicos da Informática. Esta quizais sexa a asignatura máis difícil, o bo que ten é que os apuntes deunolos o profesor e a verdade é que están moi ben, moi esquematizado e moi clariño. O malo é que se non vas á clases particulares non vas ser capaz de facer os exercicios. Non estudei nada desta asignatura porque ata fai pouco ía deixar para Setembro, pero dixeronme que os exames eran "fáciles" e iso animoume un pouco. Seica entra unha pregunta de desenrolo de 5 puntos, dúas cuestións e preguntas sobre as prácticas. O que vou facer é lerme os apuntes os 3 días antes do exame e se teño posibilidades de esbardallar na pregunta de 5 puntos preséntome. As prácticas son de electrónica, imos ao laboratio e fedellamos co osciloscopio, o amperímetro, etc. e non parece que sexa moi dificil as preguntas sobre as prácticas se as estudo un pouco. Todo se vera como vaia estudando.

O seguinte exame é o martes e é o de Álxebra. En Álxebra demos sistemas, matrices, espazos vectoriais, aplicacións lineais, etc. Álxebra non é dificil se a vas entendendo (ou se cha explican ben) dende un principio. Non é o meu caso. Os espazos vectoriais e as aplicacións lineias non son o meu e parece que tampouco son o da miña clase xa que nos controis que fixeron so aprobaban entre 5 e 10 persoas (no último saquei un 2 e foi unha das notas máis altas). Vou coller un libro con exercicios resoltos na biblioteca sobre álxebra a ver se así o entendo mellor. Supoño que me presentarei a probar sorte. Nas prácticas poñemos en funcionamento o que vemos nas clases teorícas, é dicir, facemos os mesmos exercicios pero con ordenador, e para iso utilizamos o Maple. No exame práctico podemos ter abertos todos os ficheiros coas prácticas anteriores, é dicir, é como un exame pero con apuntes, iso quere dicir que o exame práctico vai ser ben fodido.

O venres seguinte teño o de Matemática Discreta, iso de discreta ten pouquiño. É unha asignatura que me gusta e que máis ou menos xa a lín pero o exame ten pinta de ser moi chungo, asique non sei que tal me saíra. Nas prácticas o que facemos e levar ao ordenador o que fixemos nas clases teoricas e pra iso utilzamos o mesmo programa que en álxebra, o Maple. No exame práctico non nos vai deixar ter os ficheiros das prácticas anteriores, por un lado isto pode significar que o exame vai ser fácil pero por outro significa que tes que te memorizar unha pila de comandos.

O seguinte exame é o de Metodoloxía e Tecnoloxía da Programación. Estamos programando en Modula-2, unha linguaxe algo sinxela pero complicada á vez. O exame vai ser fácil, penso, é tipo test e non conta nada (un 30%). As prácticas contan un 70%, que consisten en facer os programas que che mandan, eu fixen todas, o problema é que o 60% dese 70% é para un proxecto, que bueno, é difícil, senón non sería un proxecto. Teño un pouco de medo, porque aínda que esta é unha asignatura anual e das máis fáciles pero os proxectos poden foder moito...

O último exame é o de Sistemas Dixitais o xoves 16 (rematamos no mellor día: o xoves). En Sistemas Dixitais estamos a dar as portas lóxicas, biestables, rexistros, etc. (do que estan compostos os chips), é fácil pero tes que traballala dende o primeiro día para poder entender tantos 0 e 1. O exame vai ser difícil pero tamén pode ser moi fácil se entendes ben como se fan as cousas, non é o meu caso pero espero que estudando un pouco sexa o meu caso :). Nas practicas utilizamos o diglog para representar os circuitos coas portas lóxicas, mándanos facer cousas coma unha máquina expendora, un sumador, etc., todo iso con 0 e 1. E o exame vai ser iso mesmo pero sen ordenador, é dicir, á man.

Remato o 16 e o 24 teño que entregar o proxecto de programación, asique ata o 24 vou estar un pouco atarefado... buff... O bo é que teño todo o día libre para estudar. A ver que tal, non vou con moitas esperanzas, de feito só creo que vou aprobar programación se me sae ben o proxecto, senón nada, pero bueno, eu intentareino... é o que hai...



Escrito por IaRRoVaWo
(0) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009