O meu primeiro exame na universidade foi ben, foi o de AMMN. A verdade é que o preparei moito (quizais o exame que máis preparei na miña vda) pero tamén tivén moita sorte, e é que o profesor portouse.
O exame foi faciliño, ninguén sabía como ía ser o exame xa que cada día dicía cousas distitnas de como ía ser o exame e todos íamos coa incertidume de como sería e ademáis este profesor é a primeira vez que da clases nesta carreira.
Foro 10 preguntas "curtas" dun punto cada unha e incluso puxo a fórmula nunha pregunta para que só tiveramos que sustituir. Contestei a todas pero sei que algunhas teñen que estar mal, aínda así espero aprobar.
Saín contento do exame e polo menos xa é materia da que me libro :). Agora toca estudar para o exame de Física que o teño o venres. Para este exame vou peor xa que conto coa asignatura para setembro pero presentome por probar :).