Os universitarios estamos en época de exames, época pasarse unha tarde (e noite) enteira na biblioteca estudando. Ficas ata os collóns de tanto estudo e tes un estres criminal.
Estes días estiven estudando para FFI, é dicir, para Física (mira que lle poñen nomes raros ás materias). Non o levaba moi preparado e presenteime por presentar, pero despois dunha tarde enteira "estudando" na biblioteca, e cun agobio e estres grande, se te atopas unha víapositiva (ou filminas como lle chama o profesor) así, non podes facer outra cousa que rir:

Sí, sí, moi baleira está... hehe
Esta víapositiva do baleiramento profundo pertnece á parte de electrónica. Resulta que nos transistores hai unha zona ou unha fase que se lle chama baleiramento profundo e bueno... non teño os apuntes diante e como vedes non mo sei moi ben, hehe... Xa sei que é unha tontería pero amin faime moita graza ve-la.
Ao exame presenteime por presentar, como xa dixen, non se me da moi ben a física e menos se é unha cousa que non creo que nos vai servir de moito na miña carreira. Constou de dúas partes, unha de elctromagnetismo e outra de electronica. Na de electromagnetismo había dúas preguntas, unha de 5 puntos e outra con dous apartados de un punto cada un, e un problema. Contestei a tdo menos ao problema, pero ás preguntas non o fixen moi ben, hehe, na de 5 puntos tiña que explicar (entre outras cousas) o tipo de tres materiais electromagneticos, dous deses tres materiais eran doados de explicar (cunha liña chegaba) pero ao terceiro (que facía falla duas carillas) púxenlle literalmente: Os ferromagnéticos son máis complexos de explicar e quedeime tan pancho. Na parte de electronica, máis do mesmo, unha pregunta de 5 puntos e 4 máis de verdadeiro ou flaso e explicar o porque. Contestei a todo tamén pero o de verdadeiro e falso foi ao chou, hehe: É verdadeiro porque... e copiabálle o texto da pregunta pero cambiando o emplazamento das palabras.
Con moita sorte podo aprobar... pero só espero que os profesores de FFI non lean isto.
Agora a estudar Álxebra, aínda que xa a deixo para setembro, voume presentar por probar sorte asique toca estudar algo :).
Great work!
[url=http://dqpdkdjs.com/efto/bpwu.html]My homepage[/url] | [url=http://dkzxvylh.com/vodh/alph.html]Cool site[/url]
Thank you!
My homepage | Please visit
Well done!
http://dqpdkdjs.com/efto/bpwu.html | http://rlvadxpb.com/iyoh/blle.html