Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Exame de Matemática Discreta

Arquivado en Estudos • Data: 11-02-2006 16:03:11

O venres tiven o exame de Matemática Discreta. A Matemática Discreta ten pinta de ser a asignatura maría das demáis carreiras ou universidades menos na miña carreira. É así, eu estudei para esa asignatura e amín paréceme fácil e, máis aínda, gústame esta asignatura, pero temos un profesor que é o típico que pon os exames fodidos para que os suspendamos.

Tivemos dúas probas, unha teórico-práctica pola maña e outra práctica pola tarde. O exame da maña tiña 6 preguntas, e bueno, contestei a todo menos a dúas preguntas pero contestei como sempre contesto eu, ao chou e con moitas dúbidas... Temos que estudar varios temas, cada un case sen realción co anterior e iso costa un pouco, e ademáis se temos que estudarnos unhas cantas fórmulas de combinatoria para que logo nos poña un exercicio de combinatoria e non teñamos que empregar ningunha desas fórmulas, que teñamos que discurrílo nos mesmos...

O da tarde foi máis do mesmo, 6 preguntas para facelas co Maple, cousa que non entendo moi ben, non nos deixou utilizar os apuntes, logo tíñamos que chaparnos unha pila de comandos dun programa que ao sermos informáticos (non nos imos adicar ás matemáticas) non o imos utilizar no futuro, e se o imos utilizar non temos porque utilizar ese programa concretamente hai outros coma o Matlab ou Mathematica. O normal sería facer un exame con exercicios case imposibles de facer á man (pola complexidade das operacións) e cos apuntes diante. Das 6 preguntas contestaria a 5 ou 4 e das demáis creo que só unha estou seguro de que a contestei ben.

Polo menos esta é unha asignatura que me gusta asique se a teño que estudar para setembro non vai ser tanto trauma :). Agora toca estudar programación que ao ser exame tipo test semella ser doado pero o malo é que para aprobar programación temos que entregar un proxecto de fin de cuadrimestre que é chungo.

Escrito por IaRRoVaWo
(1) Comentarios • (1) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

[...] Matemática Discreta, un 3.4... Parece que vou ir con moitas á setembro, hehe. :(. Escrito por IaRRoVaWo (0) Comentarios • (0) Referencias • Permalink Referencias (URL para referencias) [...]


Referencia de :: Estrela Negra :: el 02/18 a las 16:03

Comentarios


Pois ánimo meu, e a darlle duro á programación ;)


Comentario de Spaviladiyo o o 02/12 ás 18:36

Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009