Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Morriña polos xogos

Arquivado en Xeral • Data: 12-02-2006 20:07:31

O outro día entroume morriña polas cousas con que xogaba de pequeno. Apetéceme moito xogar cos Legos, cos micromachines e co scalextric.

Pasábao moi ben usando a miña imaxinación cos Legos, facía unhas naves espaciais ben chulas misturando pezas de aqui e de acolá. E o ben que o pasaba co meu barco pirata cos seus canóns e os cofres do tesouro, e coa base secreta dos indos da xungla, cos pasadizos, co tesouro escondido. Pasábao moi ben, pero eu sempre quixen ter un tren electrico de Lego, pero nunca mo mercarón... quizais cando teña uns aforros...

Pasaba tardes eu só ou cos meus amigos xogando cos micromachines. Tiña un tanque que se abria e era unha base militar de onde podías lanzar mísiles e todo! Tamén tiña unha estación de servizo, con aparcadoiro, gasoliñeira, tenda, lavacohes, pintacohes, de todo! Collíamos os cartos do monopoly e cada un dos meus amigos tiña uns coches e unha parcela da estación de servizo e se queríamos pasar por ahi tiñamos que pagar, estaba moi chulo. Pasábamolo en grande!

Carreiras e carreiras botei eu ao scalextirc. Ao final sempre lle collía o truco para ir rápido e non saírme nas curvas. Sempre imaxinaba circuitos máis grandes e como molaría ter un circuito por toda a casa pero por falta de pezas non era quen de facelo.

Que tempos aqueles... O outro día pregunteille á miña nai onde estaban todas esas cousas e díxome que na adéga. A ver se despois dos exames viaxo cara a miña infancia.

Escrito por IaRRoVaWo
(0) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009