Por fin rematei os exames! O pasado xoves (bo día para rematar) tiven o derradeiro exame, o de Sistemas Dixitais.
Sistemas Dixitais non é difícil (tampouco é unha maría) na USC pero o exame foi complicado. Contestei a todo pero coido que teño erros en todos os exercicios. O único exercicio que sabia facer ben tiña un apartado onde había que utlizar un demultiplexor e eu non me acordaba moi ben de como ía. Ao final razoei como debería ser pero non sei se o teño ben ou mal. A nota deste exame dánma o 3 de marzo, a ver que tal, pero a verdade é que como me saiu o exame non espero moito, máis ben, moi pouca nota :).
Agora toca descansar facer o proxecto de fin de cuadrimestre de MTPo que consiste nunha base de datos dun conesionario de segunda man. Hai que ligar os coches á venda cos clientes que os desexan e se vendemos un coche que se borren da base de datos o coche e todos os clientes que o desexaban. Persoalmente considero que é dificil xa que hai que face-lo en Modula-2 e con punteiros e eu non os controlo moito.
Por outra banda xa me deron 3 notas, unha delas foi a de Álxebra, un 4, outra a de MTPo, un 5.1, e outra a de Matemática Discreta, un 3.4... Parece que vou ir con moitas á setembro, hehe. :(.