Traballar non é unha das cousas que máis me guste, pero xa que vou ser informático gustaríame traballar en Google.
Atopei nun blog (xa non recordo cal era) que a revista Time fixo un reportaxe sobre Google e vendo as fotos fico alucinado.

Parece que teñen todo moi ben montando, todo moi friki. Non o deben pasar mal.

Seica teñen un servizo de asistencia técnica de aparellos. É dicir se tes o teu portátil, PDA, CPU, iPod, etc. avariado: leváo ao traballo!

Se estas farto de tanto ordenador que mellor que darse un baño!

Estos parecen ser os futuros proxectos de Google... mmm... invadir a terra?

O billar que non falte xunto cun cafeciño (ou cervexiña) cos teus compañeiros.

Se queres ir á moda xa non tes que saír do traballo.

Unha pachanga cos colegas nunca ven mal para facer un pouco de deporte.

A comida parece estar ben, rodeada de obras de arte.

Na gardería, os nenos non o pasan mal. E supoño que os pais tamén poderán xogar cos seus fillos...

O soño de calquera programador, unhas fregas! Que ven veñen cando estás tanto tempo diante do ordenador.

Para que te sintas coma na casa podes levarte a túa mascota ao choio.
E por si fóra pouco, aínda por riba pagante! O malo é a distancia... se estivera en Galiza... Poucas empresas coidan tanto (ou iso parece) aos seus empregados, e polo que teño entendido, os traballadores de Google non é que cobren pouco precisamente.
[...] post sobre unhas fotografías dun artigo da revista times sobre a ultracoñecida empresa Google. As fotografías son auténticamente impresionantes asique os comentarios porémolos entre todos, para velas simplemente amplía o post (preme n [...]
Eu de maior quero ser googleiro..........
Tamém indicar que nom qualquer élhe travalhador de Google: recevem máis de 100 cv's ao dia, e intúo que o nivel está muito alto ;-)
eu creo que me confundín de carreira... visto o visto! ;)