Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Lomografía (I): Historia

Arquivado en Lomografía • Data: 04-03-2006 17:05:08

O fenómeno lomográfico comeza na antiga Unión Soviética, na cidade de San Petersburgo.

En 1982 os rusos copiaron e melloraron unha mini cámara xaponesa facendo que todos os comunistas (rusos, cubanos, vietnamitas e alemáns) tiveran unha delas. Creando así a LOMO L-CA.

En 1991 uns estudantes vieneses que estaban de vacacións por Checoslovaquia Lomoatoparon unha vella tenda de fotos e mercaron unha Lomo LC-A por diversión (nesa época a Lomo estaba en desuso). Os etudantes empezaron a disparar fotos sen pensar, en calquera momento, dende arriba, dende abaixo, dende a cintura, etc. Cando chegaron á casa e revelaron as fotos que tiraron en Praga levaron unha sorpresa. As fotos eran divertidas, algunhas estaban desenfocadas, outras movidas, saturadas, etc. Eran fotos sobre a vida cotidiana de Praga, as fotos transmitian unha sensibilidade de exitación explosiva que nunca antes conseguiran con ningunha cámara.

Os amigos, familiares, coñecidos e persoas que viron as fotos, tiradas polos dous estudantes, querian poseer unha Lomo pero a única forma de conseguir unha era importalas de forma clandestina dende o antigo bloque soviético, por iso creouse en Viena a Soceidade Lomográfica co espíritu de transmitir a lomografía a todo o mundo.

Co paso dos anos a lomografía foise extendendo e en 1994 organizouse a primeira exposición lomográfica internacional en Moscova e en Nova Iorque simultaneamente.

Meses máis tarde creouse a primeira embaixada da Sociedade Lomográfica en Berlín (actualmente hai unhas 60 embaixadas en todos os continetes), e tamén comezaron a organizarse viaxes e expedicións a lugares relacionados coa lomografía (San Petersburgo, Cuba, etc.).

En 1996 empezaron a escasear as Lomo LC-A (non se fabricaban) e a Sociedade Lomográfica viaxou ata San Petersburgo para falar coa empresa Lomo para que volvese a producir a devandita cámara.

Dende o 1996 a lomografía medrou e medrou chegando ata España, organizando exposicións, congresos, viaxes, lomOlympics (olimpiadas da lomografía), etc. chegando a ser un verdadeiro movemento a nivel mundial.

Actualmente a Lomo LC-A xa non se fabrica (pódese conseguir por 100€ de segunda man) pero hai máis cámaras que seguen a filosofía.

Escrito por IaRRoVaWo
(4) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


Interesante... nom conhecia o movimento... vou mirar um pouco por a rede, atrae-me todo este tema da fotografia espontanea...


Comentario de Tawil o o 03/05 ás 16:59

Si, amin tamén. O movimento descubrino fai anos pero non foi ata hai unhas semanas que me interesei por el. Dixeronme que abriron unha tenda n'A Coruña e como esta preto o meu cumpreanos... hai que informarse! :P


Comentario de IaRRoVaWo o o 03/06 ás 17:21

Rim muito coa laracha dum amigo que é fotogrado, ele diz que a lomografia é "Um invento para venderes câmaras mediocres de jeito cool... mais que às veces fam cousas interesantes..."
:P


Comentario de Tawil o o 03/06 ás 17:41

Hehehe.... é outra forma de ver a lomografía, o que sí é que fan cousas interesantes. :)


Comentario de IaRRoVaWo o o 03/06 ás 19:55

Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009