Esta semana estou en Burgos, vistando á miña moza que estuda aquí.
Cheguei o luns ás 2:30 da madrugada nunha viaxe de 9 horas no Estrella Galicia. Por certo, que mal están os trenes en Galiza, os de máis traxecto e os peores que están, xa non digo de pór o AVE (que tamén) pero esto se podería arranxar un pouco...
Aínda non tivén tempo de ver nada, ela ten clase e eu estou na biblioteca "estudando" tamén :), mentres ela está ocupada nas clases eu estarei estudando na biblioteca. Iso é o bo (ou malo segundo se mire, hehe) de estudar informática, que tes todos os apuntes e todo o que tes que facer no portátil.
A cidade parece bonita (polo que me contan) e vai frio, ainda que non tanto como me contan :).
[...] Burgos é unha cidade bonita, é o que se soe dicir pero neste caso o é, amin gustoume. Ten un río (o Arlanzón) moi ben coidado e bonito que pasa polo centro. Cruzamos este río e chegamos a un arco moi fermoso, é o Arco de Santa Ana que na [...]