Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Lomografía (II): Regras

Arquivado en Lomografía • Data: 07-03-2006 18:14:01

As regras do movimento lomográfico son 10 e son ben fáciles:


  • Leva a túa cámara sempre contigo.
  • Usaa a calquera hora, tanto de día como de noite.
  • A lomografía non interfire a túa vida, é parte dela.
  • Dispara dende a cintura.
  • Achégate aos teus obxectivos tanto como poidas.
  • Non penses.
  • Se rápido
  • Non precisas saber o que levas fotografado no carrete.
  • Non presisas saber o que fotografaches.
  • Non te preocupes das regras.
Estas son as regras da lomografía que son perfectamente resumidas en:
NON PENSES, DISPARA!
Queda máis cool en inglés: DON'T THINK, JUST SHOOT!.

Non se concive a lomografía se non levas a túa cámara sempre contigo, as fotos poden aparecer en calquera instante e en calquera lugar.
As fotos fánse sen pensar, non poñas o ollo ao disparar, experimenta o ángulo de disparo, dende a cintura, a dereita, a esquerda...
A cámara é parte de ti, achégate aos teus obxectivos sen timidez para sacar boas instantaneas, fotos que capturan un intre, unha porción de tempo.
A lomografía é unha cousa pouco intelectual, non penses, don't think, á hora de sacar fotos, dispara sen pensar.
As fotos están nun momento determinado, non perdas o tempo, agudiza os sentidos e se rápido disparando.
Non penses se sacaches unha boa foto ou non, se tes que repetila o non, sacáchela e xa esta. Non te preocupes polo que tes no carrete ou polo que terás, iso non importa, o único importante e sacar fotos.
Como calesqueira regras, estas están para non cumprilas, inventate as túas propias regras e a desfrutar!

Escrito por IaRRoVaWo
(0) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009