O que me chama a atención de Burgos son as pintadas e cartaces, non hai ningunha de Galiza. Busco e busco e non atopo pintadas da Briga, da AMI, de Agir, de Galiza Nova, da Falange... e non me sinto en casa, non son as miñas pintadas de todos os días.
Sempre que vou pola rúa miro para as paredes para ver que pintadas hai, que cartaces, algúns interesantes e outros poden chegar a ser arte (se falamos do graffitti ou dos murais). Coido que é unha forma máis de identificar a un pobo, pola súa forma de facer pintadas.
Na Galiza podemos atopar pintadas de grupos independentistas e nacionalistas e tamén pintadas da Falange. Predomina o Galiza Livre ou o Independência. Tamén temos pintadas pedindo o voto, tanto para a constitución europea (que aínda quedan) como para calquera elección. A ecoloxía tamén é un dos temas principais das pintadas na Galiza, os míticos Nunca Máis! ou o Cheirulosas en contra de ENCE. Outras opcións políticas tamén teñen pintadas coma os anarquistas que deixan o seu símbolo en todas as partes. E logo hai máis pintadas de protesta como os Ollo ó tren en Lourizán, ou as pintadas que fan os nenos co seu nome ou con insultos.
Todo iso botoo en falta curiosamente, non sei, faime sentir que non estou na casa. Aquí, en Burgos, as pintadas que hai son de anarquistas e comunistas e algunha que outra dos latin kings. Os cartaces son de Izquierda Unida e as Juventudes Socialistas de España, que tamén hai na Galiza pero en menor medida, e chamoume a atención que por aqui hai moitos auto-colantes dunha manifestación (que xa foi) antifascista, co símbolo nazi roto por un puño. O que si atopei é cartaces do partido Saín que tamén os hai en Compostela.
É curioso comprobar como as pintadas son outra forma de identificación dun pobo, dende logo sen as pintadas da Galiza non me sinto como en casa.
As pintadas (e cartaces) nas paredes tamén son formas de identificación dun pobo. Neste artigo repásase as pintadas da Galiza e de Burgos.
[...] pintadas, é que todo son döner kebaps, en calquera esquina atopas un, como se fosen hamburgueserías, de feito eu non atopei ningunha hamburguesería. Ate ceei nun döner kebap levado por xente de Burgos (ningún turco nin indio nin nada polo e [...]
O mesmiño que fago eu cando ando polo mundo, sempre que vou algun sítio podes saber moito do lugar onde estás polas pintadas.
Eran moi interesantes as pintadas da N-6 dende Pedrafita ata mais aló do Bierzo (non sei se na A6 seguen existindo) e como ian cambiando: "Bierzo Galego", "O Bierzo é Galego", logo "Bierzo independiente, "El Bierzo no es León" e despois "León sin Castilla"
Tamén é a miña obsesión mirar as pintadas e os carteis cando vou a fora de Galiza. E verdade que as pintadas reflexan o xeito de ser, cando menos, de sectores dinámicos da poboación.
500 ANOS DE COLONIALISMO!!!
500 ANOS DE RESISTÊNCIA !!!
GALIZA LIVRE !!!
Pois tamen já se ve moitas esvasticas na galiza!!!
Xa non sei nin que pensar cando a xente ve algo bonito nas pintadas noxentas na rúa, algo moi diferente dos graffitis feitos con gusto. A xente que fai pintadas como "abaixo o machismo" que ben e certo que é un bo lema, parese a pensar do que se pretende conseguir con iso. ¿O machito de turno mirará o cartel e replanteará a sua forma de vida? Ou pola contra o único que sucederá é que o concello teña que pagar dos cartos de todos para limpar a semana seguinte esa pintada.