Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Burgos II

Arquivado en Xeral • Data: 15-03-2006 20:48:55



Burgos é unha cidade bonita, é o que se soe dicir pero neste caso o é, amin gustoume.

Ten un río (o Arlanzón) moi ben coidado e bonito que pasa polo centro. Cruzamos este río e chegamos a un arco moi fermoso, é o Arco de Santa Ana que na Idade Media foi unha das doce portas da muralla que arrodeaba Burgos. Cruzamos o arco, que volvo a repetir que é moi fermoso, e pasamos á zona vella de Burgos. A zona vella é unha mistura entre zona vella é zona nova, non é como a zona vella de Compostela que é todo pedra e edificios antigos, en Burgos tamén é todo pedra... pero non sei é distinto é como máis novo, é unha mistura.


Na zona vella o máis interesante é a catedral e a praza maior. A praza maior ven a ser como a praza Roxa de Compostela pero máis grande e sen coches, remodelarona hai moitos anos e din que perdeu o seu encanto, que antes era de pedra e tiña árbores e agora nin é de pedra nin ten árbores. catedral de BurgosA catedral é moi fermosa, ten moitos detalliños e non é tan grande como a catedral de Compostela, o curioso é que só podes entrar de balde ao sitio de culto, para ver o resto da catedral tes que pagar e hai varias tarifas: 1€ para pelegríns, 1'5 € para estudantes, 3 € para a xente en xeral, etc.

No centro, saíndo da zona vella, antes de cruzar unha ponte, hai unha estatua do Cid dacabalo que é grande e impresiona.

Subindo cara o castelo (Burgos tamén ten un castelo) e antes de chegar a el, hai un mirador onde vixias todo Burgos. É unha vista moi fermosa de Burgos, incluso de noite (que é cando fun eu) ves Burgos iluminado e é fermosísimo. Hai, neste mirador, unha cousa que me chamou a antención e é que na barandilla esta estampada en relieve (para os invidentes e para os que non) a vista que nos estamos a ver, de feito que se vas palpando toda a barandilla podes palpar o que hai realmente enfrente túa, e ademáis ten os nomes das cousas pra que saibas o que estás a ver.

Unha cousa que me chamou moito a atención, a parte das pintadas, é que todo son döner kebaps, en calquera esquina atopas un, como se fosen hamburgueserías, de feito eu non atopei ningunha hamburguesería. Ate ceei nun döner kebap levado por xente de Burgos (ningún turco nin indio nin nada polo estilo) ao máis puro estilo hamburguesería, con patacas fritas, coca-cola e todo.

Burgos é unha cidade onde non hai moito, non é como Compostela, que está chea de estudantes e sempre hai algo, cine, teatro, concertos, exposicións, etc. e a marcha de Burgos tampouco é que sexa tanto pero o que sí é, é unha cidade moi fermosa á que vale a pena visitar. Se podo volvo.

Escrito por IaRRoVaWo
(0) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009