Onte fixen 19 anos, un ano máis de adulto. O día en sí non foi moi especial, foi o típico, unha tarta á hora do xantar coa familia e os agasallos da familia e dos amigos, e despois a un monólogo e a celebralo pola noite.
A miña moza regaloume unha cámara lomográfica, unha Colosplash (podo sacar fotos de cores!), e isto si que foi unha sorpresa. Os meus amigos regalaronme camisolas, unha de Kukuxumusu, e outra do Rei Zentolo, un libro feito a man (co Word) de chistes malos (eu son o rei dos chistes malos), uns calzóns de coelliños e a típica tarxeta de felicitación. A miña familia regaloume un xersei, uns tenis, unhas botas e unha memoria USB de 1gb.
Aínda que pareza un tópico, este primeiro ano de adulto supuxo un cambio na miña vida: Os sábados (e xoves) de festa, a primeira acampada só cos amigos, a moza, a universidade, vivir sen pais, etc.
Polo xeral coido que son un chisco máis responsábel, aínda que sigo a ser o mesmo neno de antes :). Pero o de vivir lonxe da casa, estudando na Universidade, e ter moza formal, son os cambios máis radicais deste ano e pode que da miña vida.
Estoume a facer vello...
Felicidades. Pero es un neno. Eu, este ano, cumprirei 40... ¡non o podo crer porque, entre outras cousas, o outro día aínda tiña 19!
Eu tamén noto que as cousas avanzan moi deprisa... A vida é unha roda e aínda nos queda moito por rodar. Botar a vista a atrás fai que me dea conta de que nos facemos maiores... eu son aínda moi nova pero... tamén este ano cambiaron moitas cousas na miña vida! :)