Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Deseño gráfico

Arquivado en Xeral • Data: 01-04-2006 05:08:00

Coa chegada das novas tecnoloxías tamén chegaron novas formas de arte. O deseño gráfico, imaxes feitas con programas informáticas, é unha delas. Sempre me chamou a atención, encantanme os deseños que se poden chegar a facer e con relativamente facilidade. Saber que eu podo chegar a facer algo realmente bo cun pouco de sorte e de maña é algo que me abraia, sei manexar un pouquiño o Photoshop e o The Gimp, e, aínda que non me da para facer obras de arte, con tempo podo chegar a facer algo bo.

Hai webs moi boas por toda a rede, só hai que buscar. Unha das que máis gosto é WAR Iraq Poster Exhibtion, é unha exposición de cartaces en contra da guerra do Iraque, hai algúns que están realmente ben. Outra web que coñeceredes todos é Aduaneiros Sem Fronteiras, web do deseño galego por excelencia, todos os deseños fermosos e moi ben feitos. Onde podes quedar coa boca aberta e flipando e na páxina da canle do irc do Photoshop, Canal Photoshop, as imaxes que publican ahi os usuarios son autenticas obras mestra, realmente quedas pampo ante as algunhas imaxes (un usuario desta páxina saiu a famosa imaxe de Mazinger Z). Recentemente atopei unha web que levo mirando día si e día tamén, trátase do Official Bluesfear Worm, worm (verme en inglés) seica é unha imaxe ao ancho formada por varias imaxes, neste caso varios artistas suben unha imaxe ao seu gusto pero coa condición de que os bordes coincidan coas imaxe anterior, así temos unha imaxe moi longa ao ancho. Dende Galiza ven a páxina de Gato Negro, unha páxina onde hai uns deseños (de cartaces, camisolas, logotipos, imaxes en xeral, etc.) moi bos e fermosos e todos foron feitos con software libre e con licenza copyleft (excepto algúns logotipos).

Tamén temos o pixel art, que para min ten máis mérito e é máis dificil de facer pero non necesitas ningún programa especial, co Paint de Microsoft chega. A cousa é ir pixel por pixel debuxando. Hai anos que coñezo o Mr Wong's Soup'Partments, o edificio virtual meirande do mundo, o proxecto consistía en que cada participante fixese un piso do edificio, acadando así o edificio meirando do mundo. No mundo do pixel art é comun ver páxinas colaborativas onde cada persoa colabora en facer un edificio, unha casa, unha cidade, etc. cada un aportando a súa orixinalidade.

O outro día atopei grazas ao chuza unha exposición virtual de varios artistas co tema do Can de Palleiro. As obras non foron feitas con software pero aínda así gustanme moito e a idea de expoñer virtualmente non é mala, é unha forma moi boa de dar a coñecer os teus traballos e a arte a todo o mundo.

Porque ao fin e ao cabo, a arte non é outra cousa que todo aquilo que pretende se-lo e pertence á sociedade.

Escrito por IaRRoVaWo
(9) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


Pois nin che conto a ilusión que lle fai a un inútil total para o debuxo, coma min, que con determinadas ferramentas informáticas se poidan facer cousas. Un saúdo.


Comentario de náufrago o o 04/01 ás 18:28

...vaia... alucinei cos deseños das ligazóns... pero ainda por riba de técnica, fai falta estética...


Comentario de dorfun o o 04/10 ás 09:20

Xa... a técnica é relativamente sinxela... pero a estética... non me desanimes oh! Xa case tiña crido que sen estética podías facer cousas boas... :)


Comentario de IaRRoVaWo o o 04/11 ás 04:25

Nice site!
[url=http://okirgudr.com/mtnx/iiva.html]My homepage[/url] | [url=http://wyobggyq.com/cegx/cpqu.html]Cool site[/url]


Comentario de Colin o o 11/13 ás 19:57

Well done!
[url=http://fsqkdcau.com/vdxn/xdwu.html]My homepage[/url] | [url=http://uyvfjnmm.com/lsck/ggvf.html]Cool site[/url]


Comentario de Justin o o 11/17 ás 12:58

Great work!
[url=http://azoeheja.com/lcer/dzaj.html]My homepage[/url] | [url=http://pvtbrcne.com/gqby/cvfj.html]Cool site[/url]


Comentario de Gina o o 11/19 ás 06:50

Thank you!
[url=http://www.canotier.com/commandes/1171032811/polyp...]free polyphonic ringtone[/url] | [url=http://www.canotier.com/commandes/1171032811/ringt...]free sanyo ringtones[/url]


Comentario de Phyllis o o 02/15 ás 00:17

Thank you!
[url=http://www.canotier.com/commandes/1171032811/polyp...]free polyphonic ringtone[/url] | [url=http://www.canotier.com/commandes/1171032811/ringt...]free sanyo ringtones[/url]


Comentario de Phyllis o o 02/15 ás 00:17

Great work!
[url=http://www.dutchartbooks.com/admin/backups/banners...]download i730 nextel ringtone[/url] | [url=http://www.dutchartbooks.com/admin/backups/banners...]palm treo 600 ringtones[/url]


Comentario de Wendy o o 02/21 ás 05:35

Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009