Son as 4:55 do sábado 8 de abril.
Cheguei ao Pazo de Congresos cara as 9:15 da maña e unha hora máis tarde, máis ou menos, abriron as portas e entramos todos en tromba para acreditarnos. Unha vez acreditados déronnos un maletin cunha camisola, cable, portacds, etc. e fomos correndo para reservar sitio e enchufar os nosos PCs pra poder conectarnos canto antes.
A conexión a internet ía e vía cando lle petaba pola tarde e a rede local foi ben agás a iso da media noite que caeu tanto a rede local coma a internet e non foi ata a 1 e pico que non se arranxou. Agora vai todo ben.
A xente comparte e descarga ficheiros a través do DC++ ou oDC, xoga, sobre todo ao WoW ou CS, chatea ou simplemente adícase a edición de video, webs, etc. (para os concursos).
A organización repartiu durante toda a party agasallos de promoción como son camisolas, portacds, e máis auga, actimel, a revista PC Actual, os xornais El Correo Gallego, El Mundo, Código Cero e Galicia Hoxe, e aínda esta previso máis. E, ademáis, ao final de todas as conferencias a organización sortea entre os asistentes tecrados flexíbeis, placas base, xogos, etc. Non esta mal pero nunca toca nada :).
A extranet está ben. Hai ordenadores con conexión a internet, consolas, un karoke, unha maquina pra facer escalada, obradoiros de papiroflexia e maquillaxe, e unha cousa curiosa que paga a pena ver, unha visita virtual polo ceo de Galiza, vistas en 360 graos das rías galegas e do camiño de Santiago, etc.
Son as 5:18 e a party vai ben polo de momento. hai moito sono e supoño que irei durmir dentro de pouco unhas horiñas pra que os dous días que quedan poida pasalos sen durmir (coa axuda da taurina).

Resumo da primeira xornada da Xuventude Galiza Net, party onde 1500 internautas reúnense no Pazo de Congresos de Compostela para pasalo ben.
[...] crónica do primeiro día. Foi á primeira XGN que fun e teño que dicir que non me decepcionou (a XGN é coñecida a nivel estatal por ter unha das mellores organizacións), a organización estivo fenomenal e, aínda que tivo críticas, estas for [...]
...quedou algún bit libre nalgún disco?
Carai, debíchelo pasar pipa na XGN... tres días disfrutando da conexión a internet e da rede local... eu non valería, aburriríame logo da primeira noite... pero para quen lle gusta debe ser moi divertido... é coma si eu fora a un curso de música do mundo... sabes si eu podería configurar unha rede local entre o meu portátil e o PC q teño na casa?
Pois non, non quedou ningún bit libre no disco... é a putada é que o nero non me deixa gravar... a ver como fago...
Claro que podes, personilla, aínda que nunca o fixen non ten que ser moi dificil, se tes algún problema podo axudarche vía e-mail ;)