Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

75 aniversario da República Española

Arquivado en Política • Data: 14-04-2006 03:00:52

III RepúblicaUn aniversario importante, 75 anos dun soño, 75 anos de historia española. Hoxe cúmprense 75 da proclamación da II República tras unhas eleccións municipais nas que gañaron amplamente os monárquicos (22150 concelleiros monárquicos frente a 5574 republicanos) agás nas capitais de provincia e grandes cidades onde a influencia do cacique era excasa. Foi nesas cidades onde os republicanos gañaron cunha diferenza ampla e deron a enteder ao Rei e aos monárquicos que o pobo pretendía a República.

É como di o meu avó, naquel tempo todos eran republicanos, non había un que non estivera a favor da República. O problema chegou co goberno republicano e a disputa entre esquerda e dereita, comunismo e fascismo, algo inevitábel na Europa (e no mundo) dese tempo. O goberno de esquerdas e os problemas da época levaron á dereita e aos fascistas a alzarse en contra da liberdade e da vontade popular.

Hoxe en día España é máis juancarlista que monárquica e pouco a pouco están a saír iniciativas e asociacións a favor da III República, aínda que este tema segue a parecer un tema tabú para os grandes partidos políticos españois. A monárquia española é (ten que ser) un período de transición que acabará coa proclamación da III República, doutro xeito non ten sentido unha monárquia. España vive unha época de cambios (estatutos, leis, constitución, sociedade, etc.) e sen Juan Carlos I o futuro e incerto, chegará a República ou o felipismo? Hai que moverse.

Gobernará Leonor?

Escrito por IaRRoVaWo
(2) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


ogallá podamos ver unha Terceira República Federal. A miña dúbida é se a día de hoxe ten o suficiente apoio popular para que saia adiante.

De conseguirse, habería que aprender dos erros da Segunda, evitar revanchismos, do tipo obrigar a familia real a exiliarse e cuestións semellantes. Un estado republicano, plurinacional, plenamente democrático e integrado na Europa actual.

Non será de hoxe para mañá, pero pode conseguirse. Hai que ser optimistas.


Comentario de lourido o o 04/14 ás 20:09

Se non ten o suficiente apoio popular... consíguese. España é juancarlista e se nos metemos nun proceso de reforma e de debate da República, cunha boa campaña e explicando todo ben, pode conseguirse. Polo menos en España non hai nadie monarquico, que xa é algo :).


Comentario de IaRRoVaWo o o 04/15 ás 12:04

Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009