Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Botóns para os weblogs

Arquivado en Weblogs • Data: 15-04-2006 14:21:06

Coa chegada dos blogs tamén chegaron unhas imaxes que eu gosto moito delas. Son os botóns que teñen case todos os blogs para indicar que estan sindicados. Ademáis, tamén se usan (eu e moitos o facemos) para dar a coñecer máis ao autor e ao blog, para protestar, para informar, dende o típico botón que te recomenda que uses Firefox ao que te informa que CMS usa o blog pasando pola comunidade de bloggers ao que pertence o blog.

Un exemplo de botóns podedes ve-lo no menú que hai á dereita. Eu collo os botóns doutras webs pero algúns que necesito fagoos eu, eis unha mostra:

Podedes coller, modificar e usar os que queirades, teñen licenza Creative Commons. Fagoos cunha ferramente on-line que eu coido que é a mellor, é o Brilliant Button Maker, aínda que hai moitas máis ferramentas on-line. Buscando por internet atopei máis ferramentas destas, unhas máis sinxelas que outras, pero ao fin e ao cabo fan o mesmo.

Tamén hai galerias de botóns onde poder buscar e atopar ese botón que queres. Non hai moitos pero os principais sempre os atopas e ademáis podes subir os teus propios deseños, para que os demáis os atopen. Steal These Buttons conta con moitos botóns e a vantaxe é que están ordeados, pola contra 80 X 15 conta con moitos botóns pero amósanse todos na mesma páxina aleatoriamente.

Escrito por IaRRoVaWo
(2) Comentarios • (2) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Lista de ferramentas on-line para crear botóns e dúas galerías onde poder atopalos.


Referencia de chuza.org el 04/15 a las 14:26

[...] un botón deses 80×15 para chuza. Blogalego facilitou dende o primeiro dia o envio de novas a chuza poñendo un link en cada un dos elementos sindicados. Arredemo tamén dende o primeiro dia sindicou os contidos de chuza no seu “ [...]


Referencia de chuza! blog » Blog Archive » Pero mira que somos riquiños el 04/22 a las 18:53

Comentarios


Vou-che colher algum... ;)


Comentario de Tawil o o 04/16 ás 16:18

Colle, colle :).


Comentario de IaRRoVaWo o o 04/17 ás 01:02

Comentar



Recordar datos