Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Xuventude Galiza Net 2006

Arquivado en Party • Data: 17-04-2006 03:51:45

A verdade é que 3 días ininterrumpidos diante dun ordenador con conexión a internet e á rede local non dan para moito (por non dar, non da para ducharse xD), pero son suficientes. Tiña pensado facer cada día (a iso das 3, 4 ou 5 da madrugada) unha crónica de como foi o día na XGN, pero o cansanzo e as poucas ganas de escribir non mo permitiron e so puiden facer a crónica do primeiro día.

Foi á primeira XGN que fun e teño que dicir que non me decepcionou (a XGN é coñecida a nivel estatal por ter unha das mellores organizacións), a organización estivo fenomenal e, aínda que tivo críticas, estas foron maioritariamente polo uso do galego, como galego non me podo queixar. Nótase que é a party da Xunta e había patrocinadores por todos os lados, agasalláronnos cada día con xornais para non estar desinformados (La Voz de Galicia, El Mundo, El Correo Gallego, Galicia Hoxe e Código Cero), con varios números (con DVD inclusive) das revistas PC World e PC Actual, ademáis das típicas camisolas, porta-cds e mochilas de publicidade de diversas marcas. E os burns, actimel e auga non faltaron.

O ambiente era bo e a extranet estaba ben. Moitos concursos e sorteos, aínda que nunca hai sorte, pero como participar nos sorteos non custa nada, por intentalo que non sexa... algunha vez ha de tocar, non?

A rede ía moi rápida e tiven aberto case todo o tempo o oDC pero esta vez baixei pouquiño, só me deu tempo a petar un disco duro. Baixaria uns 120Gb, algo é algo... Agora toca facer limpeza dos discos duros e gravar todo en DVDs.

O peor foi darse conta en medio da party de que tes un problema, ou coa placa base ou coa memoria RAM, é que ir a unha party só con 128Mb de RAM é algo penoso. O problema está en que teño dúas memorias RAM distintas pero a placa base só detecta unha, cando teña tempo hei de probar a ver que é o que falla.

O mellor, a velocidade da rede, o ambiente, e a charla en vivo con outros bloggers (entre eles Spaviladiyo e Gato) e a idea de facer unha party libre, que está realmente moi ben. Tamén estiveron por alí Martin Pawley, Ascarida, Dorfun e Berto gravando un programa de radio, estivenos buscando pero non os atopei, seica estaban gravando nunha sala onde daban as conferencias e eu estabaos buscando por onde os ordenadores.

A Xuventude Galiza Net ten fama de ser unha das mellores partys de España e podo confirmalo. O ano que ven gustaríame volver. Deixovos co gañador do concurso de video, recordandovos que en xullo hai unha party en vigo.



Escrito por IaRRoVaWo
(2) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


:D eu nunca estiven alí... debeu ser outro berto, pregunta ben :)


Comentario de berto o o 04/17 ás 10:41

Pois vaia... non sei porque eu pensaba que estiveras alí xDD


Comentario de IaRRoVaWo o o 04/17 ás 14:20

Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009