Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Saiu o sol para o Trasno

Arquivado en Xeral • Data: 22-04-2006 06:09:44

Sen medo a trabucarme, A Noite do Trasno é foi un dos mellores festivais de música da Galiza e do noroeste penínsular. Boa música e acampada gratis nun lugar de ensoño, Cabo Udra en Beluso (Bueu). Grupos bos da talla de Che Sudaka, Soak, A Matraca Perversa, La Kinky Beat, Django FM, Os Diplomaticos de Monte Alto, Skarnio, e un montón de grupos máis son os que adoitaban ir a este festival, pero este ano non se celebra e non se vai a celebrar máis, o 2005 foi o derradeiro ano d'A Noite do Trasno.

Cabo Udra é un espazo protexido polo que a Xunta non deixa celebrar nese lugar (o sitio perfecto) un festival, algo normal e lóxico. O problema é que co PP isto non pasaba, a súa incompetencía ao final tiña que ter algo bo.

Chegoume un e-mail da Asociación Cultural Mozas e Mozos, os organizadores do festival, explicando o asunto, que repdroduzo aquí:

Ola.

Supoño que escoitates moitos rumores e non sabíades se eran certos ou non sobre que a celebración de A Noite do Trasno 2006 corría perigo. Pois ben, hoxe, día 20 de abril de 2006 queda suspendida definitivamente esta edición e as vindeiras do Festival.

O problema é a denegación dos permisos por parte da Consellería de Medio Ambiente. Tras a presentación dun informe negativo e a correspondente contestación pola nosa banda, hoxe chegou a resposta ao noso contrainforme, denegando o permiso para esta e as vindeiras edicións do Festival.

Como Asociación, organización e personas individuais sentímonos totalmente defraudados polo trato recibido nestes 9 anos que dura a nosa existencia e, en particular nestes 4 anos e medio que durou o proxecto do Trasno.

Por todo isto, convocamos unha rolda de prensa pública, aberta a todo o que se queira pasar por alí e á que esperamos que acuda o maior número de xente posible (o que serviría como apoio, aínda que fora moral, á nosa iniciativa e ao Festival), este sábado día 22 de abril ás 11.30 na Casa do Povo de Beluso (se alguén non sabe chegar, que se poña en contacto con nós). Nesta rolda de prensa explicaremos todo o proceso seguido, así como o informe da Consellería de Medio Ambiente, o noso contrainforme e a súa resposta definitiva, así como todos os atrancos, solucións, etc. que se fiexeron por agora.

Tranquilos, porque en caso de non poder existir e querer seguir informado, podes poñerte en contacto con nós e gustosamente te informaremos.

Nada máis, espero que esta mala nova chegue ao máximo número de xente posible e que a rolda de prensa do sábado sexa un éxito.

Sentimos as molestias causadas durante estes 4 anos... non prometemos seguir loitando por unha cultura, ocio e, aínda que pensen que non, boa saúde medio ambiental, porque xa foron moitos paus e non cremos que valga a pena seguir pelexando por cousas que só a nós nos parecen importantes.

Gracias a todos polo apollo mostrado

Un saúdo

Andrés Lamosa Barros
ASOCIACIÓN MOZAS E MOZOS DE BELUSO
Telf. 696 874 392
www.mozasemozos.org www.anoitedotrasno.org
No 2003 quería ir pero púxenme enfermo, fun no 2004 e paseino moi, pero que moi, ben, e o ano pasado quería ir pero non me coincidiron as datas, e este ano ía ir fixo.

Teñolle bastante cariño a este festival, paseino moi ben o ano que fun, a primeira acampada só cos colegas o son das ondas do mar nunha noite na que San Lourenzo chora e sen contaminación lumínica algunha, e aínda por riba foi onde coñecín a Django FM ou La Kinky Beat, grupos que dende aquela non abandonan o meu MP3, non poderei olvidar eses dous días. Por iso é unha mágoa que non se poida volver a repetir, pero bueno, chegoume o rumor de que pode haber un cocerto despedida, ao que intentarei non faltar.

Ata sempre Trasno!

Escrito por IaRRoVaWo
(2) Comentarios • (1) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

A Noite do Trasno é un festival de música celebrado en Cabo Udra (Bueu) dende o 2002 ata o 2005. Este ano a Xunta de Galiza non permitiu celebralo xa que Cabo Udra é un espazo protexido. O curioso é que o PP permitia celebrar este festival, e é que a


Referencia de chuza.org el 04/22 a las 06:26

Comentarios


Isto estaba visto, é unha mágoa que se acabe algo tan fermoso, de todas formas grazas a tódolos que fixeron posible este festival tan especial, os que temos a sorte de vivir cerca de Udra poderemos seguir disfrutando desa terra meiga e seguiremos acampando furtivamente, eso si sempre respetando a terra tan fermosa na que temos a sorte de vivir. Grazas por darnos estes anos de boa música e bo ambiente, que viva o trasno!!!!


Comentario de Marcos Romero Huelin o o 05/18 ás 18:54

Q non se celebre o festival NOITE DO TRASNO non é a solución ,senón q é a forma máis doada de escurrir o bulto, e en canto o problema medioambiental, paréceme unha escusa moi pobre ,porque non creo q sexa tan dificil destinar unha parte do recaudado a solventar este problema.De todas formas non me parece unha razón de peso como para q non se volva celebrar porque estou seguro de que se fan actividades moito maís perxudiciais para o medio ambiente q o propio festival, pero claro, q máis da que centos de persoas o pasen ben nun finde increible se non interesa económicamente.non estamos ante un problema medioambiental ,porque cantas barbaridades se fan hoxe en día ser importar o medio ambiente mentres se saque boa tallada.


Comentario de Iaguinho o o 06/08 ás 12:40

Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009