Grazas a internet hai cancións que se van convertir en canción do vrán e outras que grazas a internet medran en popularidade. Este é o caso de Amo a Laura.
Este video e esta canción é dos Happines, grupo da Asociación Nuevo Renacer Por Una Juventud Sin Mácula. A simple vista parece unha asociación de xoves do Opus votantes do PP, pero non é tal.
Para empezar as súas campañas centranse na MTV, están totalmente en contra da MTV e incluso a url da web é nomiresmtv.com, iso da algo que pensar, que unha asociación de xoves supostamente ultra-católicos só se centre na MTV é algo raro. Se observas os pdfs que teñen pola web dáraste conta de que están de broma, unha asociación de xoves ultra-católicos non pode dicir as cousas como as di. O que sobretodo da que pensar son as pintas dos tipiños do vídeo... Como pode haber algúen que viste, baile e cante así!!?!!? Pero o detonante que nos da a saber que se trata dunha campaña da propia MTV é que se lle fas un WHOIS á url nomiresmtv.com dinos que o que rexistrou o dominio é Orbital, unha empresa de publicidade.
Máis claro, auga. A campaña publicitaria é boa, aínda que non sexa dificil destapala hai moita, moita xente que picou, e non só iso, grazas a internet e os blogs, o boca a boca da internet, a web deuse a coñecer por todos os lados.
Este é o futuro da publicidade, internet? Axudarse dos blogs para difundir un producto?
Eu quédome para canción do verán coa de 'El Koala', a de 'O'pá yo via asé un corrá' XD
Cando menos, curioso. Apertas
Eu tamén prefiro a canción de El Koala. Hoxe escoitei no telediario (non estaba vendo a tele) algo disto, das cancións de internet, e saíron estas dúas cancións. :).
No os perdais la entrevista que les hizo Buenafuente a los auténticos Happiness
http://www.movvil.com/noticias