Onte fun de visita ao CESGA, o Centro de Supercomputación de Galiza, ese sitio onde hai ordenadores que ocupan unha habitación enteira e son moi potentes.
A visita comezou cunha presentación sobre que era,que facía e que servizos daba o CESGA, a súa historia, de onde reciben os cartos, os seus proxectos, falandonos tamén de MeteoGalicia, o seu usuario máis famoso. Despois de 15 minutos aprox. falaronos dos ordenadores que usaban, a súa arquitectura, as súas conexións, os ordenadores que usaban antes e tamén do Finisterrae, o próximo ordenador que chegará ao CESGA e que están agora coa súa istalación (o cableado e mailo aire acondicionado).
Despois destas interesantes charlas fomos a ver o Superdome, o ordenador que ocupa unha sala enteira, pero antes pasamos por diante dunha vitrina-museo cun disco duro de 10kb máis grande que unha televisión, eran os discos duros da década dos 50. A sala está chea de armarios con caixas, cables e luceciñas polo que non poidemos ver moito pero foi interesante.
Como dato curioso, o meu portatil (e o teu portatil ou PC) é mellor que o primeiro ordenador que tivo o CESGA ala polo 1993. É incrible como en tan pouco tempo a tecnoloxia abanzase tanto como para reducir unha sala enteira a uns cantos centímetros.
Isto é debido á Lei de Moore. Unha lei empírica que dí que cada dous anos dóbrase a capacidade dos procesadores e isto tamén é extensíbel á memoria e a calquera chip xa que cada dous anos dóbranse o número de transistores nun chip. O que fai esta lei é que os ordenadores reduzan á metade o seu prezo logo dun ano e sexa obsoletos dous anos máis tarde.
Esta lei ha de rematar algunha vez chegado o momento en que non se poida reducir os transistores ou o tamaño do chip por problemas físicos ou económicos, pero aínda non se sabe cando pasará. Esta lei leva vixente dende os anos 60 e hai 20 anos dícian que non duraria moito... e aqui estamos.
Grazas a isto, dentro duns poucos anos (5 ou así) teremos PCs e portátils con discos duros de 10 Terabytes, memoria RAM dunhas cantas gigas e procesadores que chegen ao Teraflops (un flops é unha operación matemática por segundo) algo inpensábel hoxe.