No blog de Shelley Goodman, o Republicano, hai un artigo sobre Linux moi interesante que non merece a pena deixalo no olvido. A traducción ao castelán tédela aquí.
Se vos digo que a cabeceira do blog é FOR GOD, FREEDOM AND GEORGE W. BUSH - ONE NATION UNDER GOD : : U - S - A : (Love it or Leave it!), xa saberedes por onde van as cousas...
O meu ordenador fai todo o que eu podería querer: Podo facer o meu traballo, pagar os meus impostos e incluso procurar na Biblia
Como todo marabilloso produto de enxeñería americana, é un exemplo de innovación que fai que un crecente grupo de hackers europeos e chineses se poñan celosos. Odian o noso liderazgo na tecnoloxía de computadores e non pararán até que controlen todos os nosos ordenadores
A industria de software americano vale máis de 7 billones de dólares. Introducir un produto extranxeiro como Linux que é copiado regularmente de balde podería estropear toda a industria
Unha xeración de usuarios de ordenador podería acostumarse a aceptar software extranxeiro sen problemas antes que pagar por produtos superiores americanos
Imaxina se a dirección do Estado da Nación fora hackeado porque unha emisora de televisión decidira aforrarse cartos por utilizar Linux. Imaxina se unha bomba espía estoupara porque o seu software fose escrito por xente anónima chinesa ou hackers europeos
Osama utiliza Linux porque está deseñado para falsificar DVD, sorteando a Digital Millenium Copyright Act, e defraudar así a compañías como Disney
Se algún dos teus amigos utiliza Linux, ou se amosa interesado en facelo, intenta ensinarlle este artigo. explícalle que Linux é unha verdadeira ameaza e que por usalo pode exponer o seu ordenador a hackers chineses
Nom, se já dicia eu... E segundo o que di esta rapaza andar cumha Debian num Ibook*, coma un servidor, é de perigosos "rojos" terroristas, que pirateam a Disney, colaboram con juakers chineses e querem destruir américa desde dentro... (Lido origi...
Onte, mandaronme isto por correo, pero tiñamos dubidas de que non fora un fraude (tiñamos ainda recente o "amo a Laura") pero, vendo o blogue deste ghicho non sei se da mais medo ou magoa del.
Como se pode ser tan pailan e tan retrógrado.
A mim ninguem me saca de que esse blog é umha brincadeira. Nom pode ser taaaaaaaaaaan chungo, ou nom lhe damos colhido a retranca em inglês ou o mundo vai muuuuuui mal...
Eu ao principio tamén pensei o mesmo, como se pode dicir esas cousas? Pero vamos... é estadounidense, e dos estadounidenses creome calquera cousa, só hai que mirar o seu blog.
Neste pais hai de todo: bo e malo, boisimo e malisimo. Pero a culpa non e de quen inventa estas chorradas senon de quen llas cre.
Un saudo a gracinhas pola visita ao meu blogo.
home, eu penso que ten todas as trazas de ser unha coña, unha cousa é ser ultra-republicano e outra reproducir punto-por-punto os tópicos máis míficados desa ideoloxía. Que haberá xente que pense así, pois... seguro, pero que o digan públicamente nun blogue non anónimo... creo que é imposible!
É dificil atoparlle a coña ao blog, igual que no da canción de Amo a Laura era facil darse conta de que era unha campaña da MTV, neste caso non é facil ver que están a usar a retranca, por moi disparatadas que sexan as cousas.
A verdade é que é bastante incríble que alguén poida dicir esas cousas, pero senón temos ahi a Bush que para o caso di outras cousas bastante parecidas. Non sei...
Pero é taaaaaaam tópico.... mira o de "sê um bom americano, consume..."... nom sei, creo crer que é umha piada....