Seguramente coñezades ou vichedes algunha vez na tele (no anuncio do Honda Accord) eses aparellos que con bolas, poleas, dominos ou o que sexa fan tareas complicadas para acadar unha tarea moi sinxela.
Estes aparellos chámanse Máquinas de Goldberg debido ao debuxante estadounidense Rube Goldberg. Dende pequeno sempre quedei pampo ao ver este tipo de máquinas na TV, parecíanme abraiantes e moi semellantes ao xogo de poñer as fichas de domino en fila pra que caian. Sempre quixen facer algo de isto.
No Xapón hai un programa para nenos chamado Pitagoras Switch (No Xapón este tipo de máquinas chámanse Máquinas Pitagóricas) no que durante 15 minutos amosan máquinas de Goldberg en funcionamento. Grazas ao Google Video podemos desfrutalo:
Hai moitos máis videos destos na internet, só hai que procuralos en YouTube ou Google Video. Grazas a ion litio atopo dous videos moi interesantes:
Tamén hai máquinas de Goldberg virtuais, como esta inspirada en Nintendo, non vos perdades o final:
O_O
O melhor a cançom no meio do segundo video...