Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

Wiiiiiiiiiiiiiiiiiii

Arquivado en Xeral • Data: 09-05-2006 13:51:03



Wii é a nova consola de Nintendo, a antes coñecida como Nintendo Revolution. Este novo nome non caeu moi ben entre os nintenderos de todo o mundo, pola rede adiante só hai criticas e criticas, aínda que eu, como nintendero tamén, gosto dese nome. Os pobres de nintendo tentan explicarse dicindo cousas como que Wii é un nome curto que soa ben en todas as linguas, un nome de unión (por iso das dúas ii) e cousas bonitas, pero a min soame a diversión, a emoción, a loucura a... Wiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!!!.

WiiPouco se sabe desta nova consola, a forma, o mando,o nome..., Nintendo é moi reservada nos seus lanzamentos e as novas viran con contapingas. Estímase que vai custar uns 250$ (moito máis barata que a PS3) e será a competidora da Xbox 360 (xa á venda) e a PlayStation 3 (saira en novembro). O mando de Wii é "revolucionario" xa que non ten cable e haberá que movelo para xogar a algúns xogos (esta caracteristica xa foi copiada).

Pero para min, a revolución chega coa consola virtual de Wii, xa que podes descargar e xogar coa maioria dos xogos (dependendo das licenzas) da NES, SNES e N64 por prezos que dependendo das consolas rondaran os 5 e 10 euros. Incluso tamén podes descargar e xogar con algúns xogos da MegaDrive, Santurn, etc...

Como nintendero que son (Game Boy Poket, Game Boy Color, SNES, e N64) estou pensando en aforrar para mercar esta consola. Gústame a idea de poder descargar xogos doutras consolas e revivir eses momentos inesquecíbeis xogando ao Mario Kart ou a outros tantos xogos... Sen dúbida Nintendo acertou nesta caracteristica.

Wiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!!!!!!



Actualización:
Onte (martes) foi a conferencia de Nintendo no E3 2006, polo que agora hai máis novidades sobre esta nova consola.



Escrito por IaRRoVaWo
(2) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


uff, que pinta ten! e se como din é a máis barata das tres.... eu tamén son nintendero "de toda a vida" , aínda que caín na Dreamcast no seu momento (e non me arrepentin, malia todo o que pasou).
Iso si, no do nome... soa ben en tódalas línguas? pois a min non me soa moi ben, nin en galego nin en castelán... din que o que pretendían era que se identificara, en inglés, con "we" (nós) , xa que soan case igual... pero non repararon en que tamén é moi semellante a "wee" que significa, isto... mexar XD.

Por certo, vexo que youtube está triunfando, non hai máis que ver as túas últimas entradas. O certo é que habería que estudar o efecto de youtube e google video na blogosfera, penso que está a cambiar moitísimo ó blogue "tradicional".


Comentario de lourido o o 05/12 ás 16:24

O nome tamén é parecido ao "oui" fracés ("si" en francés), e os meus amigos dixeronme que soaba á güija... pero bueno, eu teño amigos moi raros.

Amin o nome convenceme, é un nome raro pero a expresión de Wiiiiiiiiiiiiii!! sempre me fixo moita graza.

A verdade é que si, Youtube fixo un antes e despois nas blogosferas. Eu o uso moito, máis que nada porque non teño moito tempo para postear e por non deixar o blog en branco, nos 5 mins que teño pois poño un video do YouTube ou algo, que si tivera tempo postearia outra cousa.


Comentario de IaRRoVaWo o o 05/13 ás 02:21

Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009