O mércores foron as eleccións na USC para elixir ao Reitor, Claustro Universitario, xuntas de facultade e escola, e consellos de departamento.
Os candidatos a reitor foron o actual reitor, Senén Barro e a candidatura indpendente encabezada por Xoán Casares Long. Non sabía a quen votar, o Senén é o padriño da miña carreira e o Casares é profesor na miña facul polo que todo quedaba en familia e eu estaba nas mesmas. Recibín máis de 5 e-mails (un por día) de Xoán Casares e só 2 do Senén, polo que Xoán Casares quedou descartado por spamer, os informáticos somosche así, estas cousas nos infúen... O único candidato ao que podería votar era Senén Barro, pero como del non leo máis que críticas pois decidín non votalo e votar ao Xabarín, asique descarguei a súa pepeleta, recorteiana coa man e lume!
Empataron a votos pero polo voto ponderado o gañador foi Senén Barros.
No calustro, xuntas e consello xa foi disntinto, non coñecia a ninguén, asique o voto foi case ao chou. Para o claustro e xuntas votei a unha rapaza que tiña ao lado do seu nome a verba AGIR, xa que aos demáis candidatos non os coñecía. No consello de departamentos xa nin votei, non coñecía a ninguén...
Supoño que isto das eleccións non sirve para moito e non vai cambiar case nada, xa que a campaña electoral, polo menos na miña facultade, foi practicamente escasa e a información nula. Teño unha lixeirisima idea de que función ten o reitor e non teño nin idea de para que serven os claustros, xuntas e consellos de departamento. Se non fora porque me acheguei ás hurnas nin sabería que había que votar por iso.
Dende aquí pido que para as proximas eleccións (coido que dentro de catro anos) haxa máis información e unha mellor campaña electoral por cada parte dos candidatos.