Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
:: Estrela Negra ::

17 de maio

Arquivado en Xeral • Data: 18-05-2006 17:22:33

O 17 de maio é un día de celebracións e é festivo na Galiza (o máis importante :P), é o día das Letras Galegas e o día mundial da internet, o que o fai o mellor día para comezar un blog en galego, e a coincidencia fixo que este día este blog cumplíse un aniño. Pero este non é un aniversario importante, é simplemente unha coincidencia xa que dentro duns dias van facer 3 anos que estou a bloguear.

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Manuel Lugrís Freire. A verdade é que este día deixou de ser especial pra min, antes, cando estaba no cole, tíñamos a semana das letras, con teatro, actuacións, concertos, murais, facíamos traballor sobre o homenaxeado, etc. Enterabamos de quen era o homenaxeado e leiamos cousas sobre a súa vida e a súa obra, así teño idea de quen é Martin Codax, por exemplo. Pero agora que estou na univeridade, ná de ná, se non fora pola internet non sabería quen é o homenaxeado.

Escrito por IaRRoVaWo
(0) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink

Referencias (URL para referencias)

Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009