Hai dúas semanas, por obra e graza do espírito santo, a tecra función do meu portátil deixou de funcionar e traballaba algo máis lento do normal. Este problema non me impedia traballar pero había que solucionalo, e a forma máis rápida e sinxela era formatando. Que sería dos Windows sen poder formatalos?...
O primeiro que hai que facer e desempaquetar esos CDs e instrucións que veñen co portátil e que non te preocupaches por eles ata agora (así descobro que teño o Norton Antivirus uns meses de balde). Unha vez desempaquetado descubres que tes 4 CDs de Windows XP. Os portátils soen traer versións modificadas dos Windows XP que traen os drivers e programas necesarios para que funcione correctamente. Os CDs de Windows dos Acer son 4 CDs, procedo a insertar o primerio (Recovery CD ou algo así) e preguntame se desexo instalar Windows XP, dígolle que sí e me di que inserte o seguinte CD, é dicir, teñen un CD para pedirche outro CD!! Aínda abraiado pola utilidade do CD, meto o seguinte CD e se copia unha imaxe de disco duro no portatil. Cando remata o derradeiro CD pideche o nome da conta de usuario e esas cousas e velaí está: un novo Windows XP Home Edition nun Acer Aspire 1691 WLMi.
É ben curioso o sistema de 4 CDs, e sobre todo, o máis curioso é que non te piden o serial do Windows XP. Despois da reinstalación do sistema operativo chega a configuración del mesmo e a instalacíon dos programas necesarios que non leva debería levar ningún problema.
Doado, sinxelo e para toda a familia. Este vrán xa vos contarei como me foi a instalación de Linux.
Temos un bicho da misma familia, eu tamén quedara abraiado a primeira vez ca sinxeleza da instalación-formateo dos CD.
E tamén ando a voltas con cambiarme ó software de fonte aberta.
Xa te contarei como me vai.