Hai un mes contaba neste blog unha mala nova: O festival A Noite do Trasno desaparecía por culpa da Consellería de Medio Ambiente. Pero hoxe podo confirmar que este ano sí haberá a Noite do Trasno!
Como informa Vieiros, a Consellería de Medio Ambiente ven de dar a súa autorización tras o último informe elaborado pola aosciación Mozas e Mozos (os organizadores do festival) e as múltiples reunións destes cos responsábeis autonómicos.
Dende a asociación Mozas e Mozos enviaronme un mail avisandome da boa nova (estou suscrito ao newsletter...) que reproduzo deseguido:
Tras moito pelexar, e aínda que moitos non confiaron en nós, o Trasno anda máis vivo que nunca!Con esta boa nova da gusto comezar o vrán, agora só falta o cartel de grupos. Vémonos en Cabo Udra.
Vémonos o 11 e 12 de agosto en Cabo Udra (Beluso), para disfrutar da música, o ocio e a natureza co máximo respeto.
Gracias a todos os que nos apoiastes nos momentos duros e aos que nunca deixastes que nos rendiramos. Para todos vos vai dedicado este Trasno.
Con este ano cumplimos a V edición do Festival, e será o máis difícil de todos, xa que suporá un esforzo titánico recuperar todo o tempo perdido e organizar todo en dous meses, pero esperamos contar coa colaboración de todos (podedes poñervos en contacto con nós para votar unha man).
A presentación do Festival será o sábado 17 de xuño ás 12.00 na Casa do Povo de Beluso, nunha rolda de prensa aberta a todo o que queira pasarse por alí.
Manterémosvos informados e, visto a desinformación que soe existir na sociedade actual, para calquera cousa vos recomendaría que non divaguedes sobre o que puido ser, o que foi ou o que será, preguntalo directamente á organización.
Gracias a todos.
O Trasno anda bravo!!!
Andrés Lamosa Barros
ASOCIACIÓN MOZAS E MOZOS DE BELUSO
Telf. 696 874 392
www.mozasemozos.org www.anoitedotrasno.org
El Festival A NOITE DO TRASNO 2006 queda suspendido en la zona de CABO UDRA por motivos agenos a la Organización.
El TRASNO SIGUE VIVO en una nueva zona, el APARCAMIENTO DE LA ESTACADA, detrás del CAMPO DE FÚTBOL DE BUEU.
Para más información, visitar la página oficial: www.anoitedotrasno.org o llamar al teléfono: 696 874 392