Hai unhas semanas que se me petou o portátil e unha semana máis tarde petouselle o portátil á miña moza por, simplemente, abrir o Windows Media Player e o Winamp á vez. Windows éche así, non funciona ben nin para atras...
O Windows XP non pasaba do logotipo coa barra azul embaixo, como se estivera cargando continuamente. A solución máis fácil (e rápida) e que farían en calquera tenda sería formatar e volver a instalar Windows XP, pero está solucion non valía xa que no disco duro estaban todos os apuntes e traballos da carreira (sen copia de seguridade...) e borralos suporía perder todo un ano enteiro.
A solución que lle atopei eu foi meter unha live-CD de linux e ir pasando os ficheiros ao meu USB (de 1Gb) e de ahi ao meu portátil e logo gravalos nun DVD. Metín primeiro o live-CD de Ubuntu pero non atopaba o disco duro, probei logo co Knoppix 5 pero non atopaba todos os ficheiros, por último metín o GNIX e foi de perlas. Tardei un día enteiro en pasar os ficheiros ao meu USB e do meu USB ao meu portátil e aínda quedaba a música, pero como non era importante non a copiei. Ao día seguinte estivo ela case un día enteiro copiando a música ao meu USB e do meu USB ao meu portáitil... e cando rematou collín o Windows XP orixinal que lle veu ao mercar o portátil e dínlle a formatar... pero non ía... o CD non atopaba o disco duro... que raro, pensei eu, e fun probar cunha copia dun Windows XP que tiña na casa, pero agora dábame un aviso dicindo que o disco duro estaba danado ou algo así. Resulta que se fodeu o disco duro, pero ela necesitaba o ordenador para traballar así que expliqueille máis ou menos como funcionaba Linux (dende Linux si podía ver os ficheiros e modificalos) e como podería traballar con el dende o live-CD xa que mentres non se arranxaba o ordenador podería, polo menos, seguir traballando.
Optou por levar á tenda o portátil e alí dixeronlle que o disco duro estaba corrupto ou algo así e que tentarian arranxar algunha parte del. Deron arranxado todo o dísco duro pero non sabían cal foi o fallo, nin que lle pasaba. Cando a miña moza recibiu o portátil na casa non lle funcionaba a tarxeta wifi, asique voltou outra vez á tenda e non sabían que pasaba, que había que levar o pórtatil á Fujitsu-Siemens, pero como ela necesita o portátil e internet para traballar deixaronlle unha tarxeta wifi usb pero sen drivers, co cal tiven que baixalos eu e instalalos.
Esta é a historia de como Windows fai cousas raras que foden moito e como Linux está ahi para salvarche a vida se o precisas :).
iso memo o vivín eu... e a solución foi cunha Knoppix. O XP non arrancaba, daba erro inexplicablemente a medias e reiniciábase.
Sen embargo, todo foi moi doado de amañar grazas a Knoppix, puiden acceder os arquivos e pasalos por rede ó outro pece. Agora mesmo, non me sinto quen de usar Linux (boto en falla moitas cousas que teño en Windows e Mac) pero creo que ter una distro Live CD o lado por se acaso nunca está de máis.
Eu sempre teño unha a man, non vaia selo demo, e pasen estas cousas.