Xa estou outra vez eiquí despois destas pseudo-mini-vacacións e a verdade é que fixen bastantes cousas despois de rematar o proxecto e voltarme tolo de remate. Éche o que ten a informática, ao revés que outras carreiras (como física, sempre con cariño ;-)) que hai que estar tolos para facelas, esta carreira volvete tolo. Como acabarías se tes que programar durante unha semana seguida (24 horas ao día) cunha calor abafante un puto móbil? Polo menos acabas dándote de conta que as compañías poderían esforzarse un bastante pouco máis en facer o seu software.
Aprobei 3 de 10 (éche o que ten o primeiro ano, hehe) e para desquitarme disto e para solucionar a tolemia (que coido que xa non ten cura) viaxei coa moza ate Madrid, unha visita fugaz de 2 días para asistir a un concerto de Carlos Chaouen. Unha semana despois outra vez de viaxe, está vez 4 días de camping á Illa de Ons (este ano está máis complicado coller praza) onde por fin puiden ir até o Buraco do Inferno. E por último (de momento) o Día da Patria en Compostela, e como reúnense no mesmo punto as mellores tendas de camisolas de toda Galiza e estou de santo, había que aproveitar. Traio de Compostela 6 camisetas (esta, esta, esta, a de promoción de querote.org e dúas de nicetrip que non aparecen na web), 3 CDs (GalegoZ (firmado!), A Per Loca e Música Pola Liberdade dos Pobos 2), 1 libro (Bandeiras da Galiza) e moitos auto-colantes e propaganda...
Agora toca estudar para aprobar algunhas en setembro, pero aínda queda A Noite do Trasno, Peñas en Pontevedra, a festa da auga en Vilagarcía e o remate dos exames de setembro :).